A Granxa Briz : O Parque dos Sentidos. Marín

A Granxa Briz : O Parque dos Sentidos. Marín

Unha peculiar visita da que poderán gozar pequenos e grandes, e en xeral todas as familias que ata alí se acheguen. Sen complicacións de localización, atópase, ao mesmo tempo que situada no centro de Marín , envolvida en plena natureza.

Orixes
A leira contábase entre as posesións do Mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense). , por aquel tempo coñecíase na orde, como ‘Granxa dá Costa’. E así foi ata a Desamortización de Mendizábal en 1836. Dous anos despois, en 1838, foi adquirida por Don Roberto Munáiz.

É a familia  Munáiz quen levanta a primeira casa, que será coñecida como ‘Villa Paula’, en honra á súa muller e á neta. Actualmente esta é a construción que acolle a Escola Municipal de Música.(‘Casa Bodega’)
Nos anos trinta do século  XX, Don Marcelino  Briz García que estaba casado con Dona Ana María  Saraiva  Munáiz, compra ao seu tío a casa. Eles residían en Vigo pero pasaban longos períodos en Marín., e é por iso que deciden construír unha casa e a convertirán no seu lugar de residencia familiar para a época estival. É a que hoxe podemos coñecer como a casa máis importante ou principal, cun estilo que lembra á arquitectura vasca.(‘Chalé Principal’)
Ademais conta cunha terceira casa coñecida como ‘A casa dos  caseiros’, da mesma época que ‘Casa Bodega’.

Nos anos posteriores a residencia estival dos  Briz – Munáiz será o centro dunha intensa vida social, organizando festas da Escola Naval, e bailes nocturnos, onde acudían familias por exemplo os  Munáiz ou os Mon, militares e empresarios amigos da familia.
A título persoal comentarei que a miña familia materna é de Marín, e a miña nai lembra  idílicamente as festas de verán naquela residencia, en palabras dela, como encantadoras.
Finalmente en 1999 a leira é adquirida polo  Concello de Marín aos irmáns  Briz  Saraiva, por un importe de 150 millóns de pesetas.

Hoxe

É sobre todas as cousas, un espazo natural de 23.690 metros cadrados,.
Poderemos gozar :

-Dun bosque no que nos atoparemos con esculturas talladas en madeira, o que o fai un ‘bosque máxico’.

-Dunha lagoa natural e outra artificial.

-Dunha zona de aventura, con tobogáns xigantes na zona alta, e con multitude de xogos incorporados e integrados na natureza do lugar.

Non deixedes de visitalo, é un marabilloso espazo verde, que non vos vai a defraudar nin a vós nin a vosos peques.

Ilustracións © Porgaliciabaixo

Para saber máis:

http://www.concellodemarin.es/granxa-de-briz/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2018/08/11/briz-vuelven-origenes-marin/0003_201808P11C8991.htm

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba