A “Marquesa Vermella” Maria Vinyals; o Castelo de Soutomaior e a súa pantasma

A “Marquesa Vermella” Maria  Vinyals; o Castelo de Soutomaior e a súa pantasma

Todos coñecemos o Castelo de Soutomaior, polo seu gran e un tanto misterioso señor na época medieval, Pedro Madruga. 

Importante nobre, con gran influencia na época entre as casas nobres galegas, e cun final que se perde entre as tebras da historia, chegándose a afirmar, mesmo por algúns estudosos, que Pedro Madruga muda de identidade para converterse en nada máis nin nada menos que Cristóbal  Colón. De todo iso,da casa de Soutomaior e de Don Pedro, podedes saber máis, picando nas ligazóns que vos deixo ao final deste texto.

Pero agora ímonos a referir a outra nobre galega, de época máis recente, do século  XIX e XX, tamén propietaria do famoso e ben conservado castelo.

María  Vinyals e  Ferrés, é todo un referente, como intelectual e como muller da época. 

Naceu no propio castelo Soutomaior un 14 de agosto de 1875, no seo dunha familia aristocrática. Dos seus tíos os Marqueses de Vega e  Armijo, obtivo un importante patrimonio., o marqués, Antonio de Aguilar e Correa, foi ademais presidente do goberno en España, durante o reinado de Alfonso  XIII., e recibiu á súa vez a fortaleza, de Benito Fernando Correa, que foi o primeiro en poñer o escudo de armas que podemos ver no acceso principal do castelo.

Ata ese momento a edificación era unha fortaleza, e foron os marqueses no século  XIX, os que construíron a “Galería de Damas”. A esta modificación na súa arquitectura, que o converteu en metade castelo, metade palacio  neogótico, sumáronlle o marabilloso e extenso xardín botánico que rodea ao mesmo, que conta con árbores de 800 anos de antigüidade, especies doutros  contienentes e unha impresionante coleccion de camelios.

María  Vinyals, coa súa famiia e amigos, sentada na Galería de Damas no Castelo de Soutomaior

Esta propiedade pasará a mans da nosa protagonista, María  Vinyals, que como diciamos, naceu e creceu neste impresionante enclave.

Tanto adoraba esta propiedade, que aínda que viaxou por todo o mundo, e faleceu en París nos anos 40, durante a ocupación nazi;  nunca esquecería a súa terra, e de feito é a autora dun libro en 1892 titulado “El Castillo del Marqués de Mós en Sotomayor”, onde relata, como profunda coñecedora,  a historia do lugar.

Pero ela non é coñecida por ser só a señora de Soutomaior, nin se conformou no seu papel de aristócrata por nacemento, e por contraer en primeiras   nupcias, matrimonio con Juan Jordán de Urries, marqués de Ayerbe con grandeza de España .

Como diciamos non é coñecida por iso, o seu perfil é destacado por ser unha importante escritora, articulista, feminista  sufragista, e unha gran activista social.
Gardaba amizade con outra grande de Galicia, Emilia Pardo Bazán, e considérase ás dúas pioneiras no feminismo en Galicia e España, acompañándoas no movemento a nivel nacional, outra escritora, Carmen Burgos . 

Foi nomeada membro da Real Academia Galega en 1906, e no mesmo ano afiliouse no Ateneo de Madrid, fundou ademais o Centro Ibero-Americano de Cultura Popular Feminina, organismo que se ocupaba en  falicitar a educacion ás mulleres que non tiñan acceso a ela.
Nestas estamos cando falece o seu marido o marqués de  Ayerbe, e en 1909 volve casar cun médico cubano Enrique  Llluria, que era un activo membro de Partido Socialista Obreiro Español. Neste etapa únese á Agrupación Socialista de Madrid., de aí vénlle o seu alcume de “a marquesa vermella”.
Escribe en diferentes medios de  comunicacion como articulista, en “El Imparcial” (diario de Madrid, un dos primeiros diarios de  empresa en contraposición aos diarios de partido), no Fígaro (Diario liberal, científico e literario), na revista ilustrada Blanco y Negro (que co tempo converteríase no Diario ABC que todos coñecemos) e en diferentes publicacións americanas.
Os temas que trataba nos seus escritos versaban sobre a transcendencia da educación da muller como instrumento para a renovación e rexeneración social, e difundir a igualdade da muller e o home e o seu papel complementario na administración e xestión pública, á vez que reclamaba o dereito ao voto para as mulleres. Chegou a declararse como “unha feminista militante “ nun época na que ninguén se ocupaba destes asuntos.

O certo é que María, convertería ao Castelo de Soutomaior nun centro de reunión de intelectuais e artistas da época.  Foi precisamente por mor da visita dun amigo, cando saíu á luz a historia da pantasma da fortaleza.

Pasamos directamente á historia da pantasma  de Soutomaior:

Parece ser que nesta fortaleza residiu un home de orixe alemá, en concreto da cidade de  Heidelberg, que traballara como titor e preceptor dun dos sobriños dun anterior propietario do  castelo. Era ademais un científico que instalara un laboratorio nos sotos da edificación, e de resultas da súa investigación deu cunha fórmula máxica para unha arma que faría conseguir de maneira concluínte a vitoria para Alemaña na Primeira Guerra Mundial. Quixo a súa mala fortuna que nun paseo dacabalo falecese, sen darlle tempo a poñer en coñecemento o seu descubrimento.
E así foi foi cando un xornalista amigo de María, foi un día ao Castelo e atopouse a este home alemán nun dos salóns, cumprindo co encargo de destruír a fórmula máxica.
A escritora recolle a historia ou lenda no seu libro “O Alemanote”.

Así que xa sabedes amigos, cando vaiades de visita ao castelo… quen sabe?, o mesmo podédesvos atopar co científico alemán nalgunha das súas estancias ou co espírito da mesma marquesa de  Ayerbe asomada na súa Galería de Damas…

Para saber máis do Castelo de Soutomaior e a súa historia:

Antes e logo de Pedro Madruga: A casa de Soutomaior

Vida e desaparición de Pedro Madruga

Pedro Madruga

Ruta Castelo de Soutomaior e O Castelo de Castrizan (“A Peneda”)

De paseo polos Xardíns do Castelo de Soutomaior

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 2 Average: 5]
Comparte!
Voltar arriba