Unha praza das moitas de Ourense, chea de vida e de historia, sempre unida, onte hoxe e mañá, á catedral e ás xentes da cidade.
Atópase en pleno centro de Ourense, no que poderiamos considerar a principal fachada da catedral, con acceso ao Pórtico do Paraíso (Recreación a escala menor do Pórtico da Gloria compostelán, o de Ourense construíuse aproximadamente cincuenta anos despois deste, anunciando así o primeiro gótico) Debe o seu nome á Torre de San Martiño que se iniciou no século XVI e está inacabada, podemos contemplar gravada a imaxe do santo nesa esquina da catedral. Debe o seu nome á Torre de San Martiño que se iniciou no século XVI e está inacabada, podemos contemplar gravada a imaxe do santo nesa esquina da catedral.Debe o seu nome á Torre de San Martiño que se iniciou no século XVI e está inacabada, podemos contemplar gravada a imaxe do santo nesa esquina da catedral.
En realidade a praza en si é moderna, facéndose esta remodelación ao final dos anos 60 -70 do pasado século XX. A obra foi encargada ao arquitecto e urbanista Pons – Sorolla, que dedica parte da súa vida profesional a renovar, mellorar,modificar e restaurar varios monumentos galegos, ocupándose do Plan de Ordenación de Cidades de Interese Artístico Nacional.
Cando se remodela este espazo, derrubáronse multitude de edificacións que rodeaban esta fachada da catedral de Ourense, permitindo así a entrada por esta fronte, a través da construción das escaleiras ascendentes que podemos ver actualmente no lugar, rodeada de edificios de pedra, por unha banda con arcos, e polo outro por un moderno edificio con cristaleiras. Por baixo desta escalinata, discorre, a coñecida como Rúa das Tendas, co seu característico arco, que nos conduce por unha banda cara a Santa Eufemia, e cara a outra á Praza Maior.
Nas noites de verán, en tempos de non pandemia, ademais de gozar das terrazas da zona, proxectábanse sesións de cinema nunha pantalla xigante, utilizando a escalinata, de maneira popular, a maneira de asentos. Noites moi especiais, con moito encanto. Ademais disto, a praza é centro de diversos actos culturais, concertos, teatro etc etc ao aire libre, e con acceso libre para todo aquel que ata alí queira ir.