‘A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada’. Liceo de Ourense

‘A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada’. Liceo de Ourense

O vindeiro sábado 21 de novembro as 20 horas, terá lugar o Concerto “A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada” no Salón Noble do Liceo de Ourense.

A pianista Rosa Torres-Pardo (Premio Nacional de Música) e a actriz Lucía Álvarez (“O sabor das margaridas”, NETFLIX) interpretan no Liceo o seu particular homenaxe á poeta Rosalía de Castro.

Esta actividade forma parte do Ciclo cultural “AS NOSAS LETRAS NA MÚSICA & A MÚSICA NAS NOSAS LETRAS”, o amparo do “Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19″, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia”.

A pesar de ser unha das poetas máis recoñecidas, a súa obra é inabarcable e queda moito por afondar. A súa faceta musical é moi descoñecida. Tocaba varios instrumentos. Sen ninguna dubida esto influiú na súa poesía.

O gran abanico de rexistros que hai na súa obra fainos tomar conciencia do adiantada que foi para o seu tempo no sentido máis amplo da expresión.

Esta idea é a que uniron o piano de Rosa Torres-Pardo á voz de Lucía Álvarez. Nun “monólogo a dous” donde os roles se invirten –ou se suman-. O piano comeza a recitar donde a poesía se fai música, dando lugar a este orixinal concerto nun monólogo a dous.

Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse na Secretaría do Liceo, por mor dos aforos derivados do Covid-19, máis información chamando o telefono 988 22 06 50.

 

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba