Arranque da edición máis virtual de Culturgal

Arranque da edición máis virtual de Culturgal

Un ano máis e se cabe, neste con máis necesidade, o Concello de Pontevedra aproveitou o escaparate das Industrias Culturais Galegas unha escolla dos seus proxecto máis importantes no que a memoria, normalización lingüística, aposta polos artistas locais e promoción da literatura en galego ao públigo infantil e xuvenil se refire.

Dentro do proxecto A memoria das mulleres, da concellería de Patrimonio e Memoria Histórica puidamos gozar esta mañá da presentación da biografía de Josefina Arruti en formato cómic baixo o título “Os berros da motocicleta”. Foi da man do concelleiro da área, Xaquín Moreada e os propios autores da obra: Kiko Dasilva, que desta volta se encargou do guión, e Pablo Prado, exalumno do Garaxe Hermético, das viñetas.

Na introducción, Moreda quixo destacar que nos últimos o Concello buscou “vías de achegar a historia da cidade, da represión, á xente máis nova e incluír a banda deseñada foi unha delas. Se todos tivesemos presente e coñeceramos o que pasou nese momento non estarían a rexurdir os fascirmos”

O concelleiro quixo agradecer á familia de Josefina, presente entre o público, a súa contribución inmesa para documentar esta historia. Un agradecemento que tanto Kiko como Pablo recalcaron xa que “sen a súa contribución esta obra non sería posible. Agradecemos moitísimo que nos fixeran partícipes da súa intimidade, nos deran acceso ás súas lembranzas, fotos e incluso nos describiran á perfección aquela casa que xa non existe”. Precisamente a complexidade da historia fixo que Kiko se convertera en guionista do cómic, “facilitándolle” o traballo a Pablo – escollido para o traballo polo seu mestre Kiko pola súa sensibilidade especial – ante a cantidade de documentación que recopilaron en 2 anos de traballo e que obrigaba a reconfigurar a historia a media que ían descubrindo novas anédotas.

Prado apuntou á súa intención de converterse nun acompañante emocional do lector ou lectora mediante metáforas visuais que intentaron en todo momento trasladar dúas ideas xerais: a dunha muller asediada polo terror e a da recuperación da Memoria Histórica.

Os autores agradeceron tamén a labor ao Concello e tamén a Montse Fajardo polo traballo de investigación que tiña levado a cabo.

Máis tarde foi Fajardo quen pechou as intervencións do bloque do Espazo Foro “O Concello de Pontevedra presenta…” falando da biografía de Virxinia Pereira, “A vida incerta” editada polo Concello tamén dentro do programa A memoria das Mulleres. A súa historia, reconstruída a través dos epistoralios de Otero Pedrayo, quen “trataba a Virxinia de ti a ti, como compañeira de loita contra o fascismo” e Valentín Andrade. “Pereira levou a cabo unha loita fonda contra o franquismo, a facor do país e da cultura pese a que en moitos círculos so era coñecida como a muller de Castelao e incluso se chegou a comentar que no tiña interese polo galego. Foi vítima dunha biografía inxusta e con esta obra quixemos darlle o seu papel de loitadora que eclosionou tras a morte de Castelao, quedando ela a cargo do seu legado tanto artístico como político”

O Espazo Foro, ubicado na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, acolleu como primeira intervención no bloque de programación do Concello, a presentación do programa “Falamos” da concellaría de Normalización Lingüístia e a Universidade de Vigo, representadas respectivamente polo concelleiro Alberto Oubiña e Fernando Ramallo.

A partir dunha conversa informal – representada por dúas voluntarias do proxecto, Sabela e Cintia – plantexáronse as propostas do programa que con actividades como cursos de cociña ou clubes de lectura, fomenta o uso da lingua entre os estudantes universitarios, tras constatar que tan só o 18% do alumnado universitario é monolingüe en galego. Segundo comentaba unha das membros do voluntariado lingüístico “é un xeito de dar un empuxón a que se animen a falalo e tamén unha via de coñecer xente nova cando chegas ao Campus”.

O proxecto ten xa en mente, algunas realizadas a través da propia equipa de voluntariado, novas propostas para levar a cabo tan pronto a situación sanitaria permita reanudar as actividades presencias con normalidade.

A arte tamén tivo o seu espazo, un espazo que leva acollendo durante 10 anos a mostra “Na beira do río. Diálogos na pintura” algo, segundo comentou o comisario Ramón Rozás á xornalista Teresa Cuíñas na súa intervención “impensable. Cando lanzamos o proxecto, nun momento no que tiven a sensación de que a pintura estaba a ser eclipsada por outras disciplinas artísticas como as performance, non pensei chegar ata aquí. Non é habitual que proxectos culturais cumpra 10 anos de actividade ininterrompida”.

Rozas tamén puxo de relevancia a importancia de establecer certa sincronía entre as parellas de artistas pero tamén certa distancia xeracionalxa que cada creador/a responde a un momento concreto. Na súa escolla quedou claro una aposta polo talento local xa que dos 18 artistas que pasaron pola mostra (Manolo Dimas e Itziar Ezquieta, Teresa Brutcher e Ana Seoane, Eduardo Dios e Pancho Rodiño, Dolores Gálvez e Belén Padrón, Juan Moreno Badía e Juan Rivas, Rosa Úbeda e Yolanda Dorda, Falcon e Pousseu, Antón Sobral e Carmen Hermo, e Amelia Palacios e Álex Vázquez) 16 eran de Pontevedra.

Logo dun repasao polo pasado e pola intención de establecer na poboación pontevedresa o hábito de cruzar o río – fío condutor da mostra – para achegarse a gozar deste proxecto expositivo cada ano, puxeron a vista no futuro: se hai unha 11ª edición de Na beira do río, está claro que terá un protagonismo especial o 30 aniversario da Facultade de Belas Artes en Pontevedra

O Salón do Libro, proxecto estrela do Concello destinado ao fomento da lectura entre cativada e mocidade, aproveitou tamén o escaparate de Cultural para falar da que será a súa 22 edición e levará por título “Emerxencia Literaria: libros para salvar o planeta” do 5 ao 21 de marzo.

A concelleira Carme Fouces fixo un resumo do que se pode coñecer ata agora dunha edición que apostará por un formato mixto entre o presencial e o virtual e está lista para adaptarse as condicións sanitarias que se dean no momento de celebrarse: buscará o espallamento pola cidade e a deslocalización de parte das actividades cara espazos abertos e ben ventilados como a Illa do Covo, empregará bibliotecas móviles e plantexara roteiros nos que estea moi presente o medioambiente, enlazando con outros proxectos exitosos como o PO2. Homenaxeará de novo as figuras de Kiko Dasilva e Helena Villar Janeiro por mor da cancelación das actividades previstas na pasada edición no tiveron o recoñecemento que merecen.

Fouces apunto á intención de manter as sinerxias establecidas en anos anteriores e destacou a colaboración coas Escolas Unesco que teñen en Pontevedra á súa coordinadora estatal e contribuirán a levar a cabo a intención de contar co Planeta como “convidado especial deste ano, xa que por mor da Covid evitaremos a itinerancia e non contaremos como en outras ocasións cun país convidado”. Sobre a convocatoria para o deseño do cartza, a concelleira apuntou a que habería novidades en breve pero polo pronto “contaremos case en exclusiva con ilustradores/as do país – que xa foron protagonistas ao longo de moitas das pasadas edicións – en troques de organizar un concurso internacional.

Na súa quenda, a coordinadora do programa, Eva Mejuto apunto á experiencia da pasada edición na que “nos convertemos en virtual ao ter que pechar en apenas 6 días. Fixemos da necesidade virtude e descubrimos e tentamos suplir a carencia de contidos (semmpre remunerados) audiovisuais en galego para os cativos, contidos de calidade de autores, músicos, contacontos, etc. Aínda está disponible unha parte dese contido. Grazas a esa experiencia temos claro o que queremos facer para o próximo ano. Continuaremos o camino iniciado e crearemos tamén unha sección virtual de “Orbil recomenda” grazas a todo o que leu a nosa mascota durante o confinamento. Tentaremos achegar actividades aos centros escolares de forma presencial pero se non é posible, ou a maiores, contaremos con contidos en streaming, tamén para os clubes de lectura, aos que queremos seguir apoiando.

Manteranse aspectos exitosos da programación como a Escola de Lectura para Familias Curiosas, que deixou patente a ansia das familias por contar con recursos de lectura en galego e o xa consolidado Congreso de Mediación Lectora, para seguir dotando a estudantes e profesorado de ferramentas para traballar o libro e a lectura nestes tempos.”

Mejuto rematou a súa intervención convidando a axentes culturais, empresas etc a achegar as súas propostas de obadoiros, contacontos, cinema, teatro, etc. de cara a programar a vindeira edición

Ao longo da tarde de hoxe terá lugar ás 16:00 a proxección do filme “Longa noite” de Eloy Enciso, que contou co patrocinio do Concello de Pontevedra e cara as 18h no Principal a presentación do libro “Vellocas a Minchas”.

A obra da autora Lorena conde resultou gañadora do III Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello e Cuarto de Inverno, encargada de edítalo e publícalo. O acto contará ademáis de coa propia autora, a concelleira de Cultura, Carme Fouces, Andrea Jamardo de Cuarto de Inverno e a libreira Luz Gallego, membro do xurado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba