Arte, música, libros, memoria e cinema conformarán o programa de actividades de Pontevedra na Culturgal

Arte, música, libros, memoria e cinema conformarán o programa de actividades de Pontevedra na Culturgal

• A actuación da Xingro´s Big Band terá lugar o sábado 28 ás 12:30 no auditorio do Pazo.

• O domingo pola mañá, o concelleiro de Memoria Histórica, Xaquín Moreda presentará o cómic sobre Josefina Arruti acompañado polos seus autores: Kiko Dasilva e Pablo Prado

• Falamos, Diálogos na Pintura, o Salón do Libro, a biografía de Virxinia Pereira e a presentación do libro de Lorena Conde, gañadora do III Premio Maria Victoria Moreno, encherán da actividade a tarde do domingo.

O Concello de Pontevedra, representado neste caso pola concelleira de Cultura, Carme Fouces, deixou claro en repetidas ocasións o apoio incondicional á Feira de Industrias Culturais, Culturgal. Sempre, pero máis este ano no que a pandemia imposibilitou a presenza das empresas mediante os tradicionais stands e reduciu a posibilidade de público presencial ata o insostible.

Máis como ben dixo Fouces, “non hai pandemia que poida co Culturgal” e nesta complexa 13ª edición, Pontevedra manterá todas as achegas previstas e intensificará se cabe a súa programación, estando presente en todos os espazos (Libro, Foro, Cinema, Escena) con concertos, presentacións de libros, proxecións de cinema e charlas sobra proxectos consolidados como o Salón do Libro, Diálogos na Pintura ou A memoria das mulleres e outros máis novos pero igualmente potentes como Falamos. da concellería de Xuventude e Normalización Lingüística.

Dentro das particularidades desta edición, que será emitida en streamig para chegar a todo o mundo, está e a reubicación do Espazo Libro no Teatro Principal. O Salón de Actos do Pazo da Cultura acollerá o Espazo Cinema, o Auditorio o Espazo Escena e a Sala de Exposicións, o Foro.

Tamén é novidoso o plantexamento das actividades en bloques de 50 – 75 minutos. A continuación achegamos todos aqueles nos que o Concello estará presente.

Sábado 28 de Novembro. Espazo ESCENA (Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra). Bloque de 12:30 a 13:30 h 

• Actuación da Xingro´s Big Band. Concello de Pontevedra

Domingo 29 de Novembro. Espazo Libro (Teatro Principal de Pontevedra) Dentro do Bloque de 11:00 a 12:15 h. Culturgal BD 2020

• 12:00h. Presentación da biografía en formato banda deseñada sobre Josefina Arruti “Os berros da motocicleta” de Kiko Dasilva e Pablo Prado.

Publicado polo Concello de Pontevedra dentro do programa A memoria das mulleres da Concellaría de Patrimonio e Memoria Histórica e dentro das actividades polo Mes da Memoria (Concello Pont)

Domingo 29 de Novembro. Espazo Foro (Sala de exposicións do Pazo da Cultura) Bloque de 13:00 h a 14:15 h O Concello de Pontevedra presenta… 

• 13:00h. Programa “Falamos” da Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo

• 13:15h. 10 anos “Na beira do río. Diálogos na Pintura” con Ramón Rozas e Teresa Cuíñas.

• 13:35h. XXII Salón do Libro “Emerxencia literaria: libros para salvar o Planeta. Novos formatos para novos tempos con Carme Fouces e Eva Mejuto.

• Biografía de Virxinia Pereira “A vida incerta” con Xaquín Moreda e Montse Fajardo. Publicado polo Concello de Pontevedra dentro do programa A memoria das mulleres da Concellaría de Patrimonio e Memoria Histórica.

Domingo 29 de Novembro. Espazo CINEMA (Salón de Actos do Pazo da Cultura) Bloque de 16: 00 h a 17:30 h

• Proxección “Longa Noite” de Eloy Enciso. Concello de Pontevedra

Domingo 29 de Novembro. Espazo Libro (Teatro Principal de Pontevedra) Bloque de 17:30 a 18:20 h Libros e lugares

• 18:05h. Presentación do libro gañador do III Premio María Victoria Moreno “Velloucas e minchas” de Lorena Conde. Asisten a premiada Lorena Conde, a concelleira de Cultura, Carme Fouces, Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno e Luz Gallego, membro do xurado.

As entradas en forma da convite para todas as actividades do Concello estarán a disposición do público no web do Cuturgal www.culturgal.com

 

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba