- por GaZeta
O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense inicia, este venres 13, un ciclo de conferencias divulgativas sobre as súas aplicacións en diferentes campos do saber e da investigación.
Así, “IA aplicada a imaxes de Cardioloxía”, a cargo do investigador César Veiga, abrirá Os venres con Intelixencia Artificial, xornadas semanais de seminarios de I+D+i. Cada venres haberá un relator invitado que describirá os seus traballos relacionados coa IA.
O actual contexto de pandemia provocada pola COVID19 impide realizar estas charlas de forma presencial. Poderán seguirse todas as actividades a través da aula virtual, a través de vídeo-conferencia neste [enlace]
-
“IA aplicada a imaxes de Cardioloxía”
13 de novembro 2020, 12:00 horas
Impartida polo Dr. César Veiga García. Investigador da Área de Cardioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).
O Dr. Veiga falará da análise de imaxes médicas utilizadas actualmente no Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. É experto nas técnicas de aprendizaxe de máquina e redes neuronais profundas aplicadas a este tipo de imaxes. O propósito do seu traballo é mellorar tanto o diagnóstico coma o tratamento.
No seu relatorio explicará tamén a forma en que os métodos en IA están a ter un impacto positivo, e describirá o traballo futuro que se necesita neste campo.