Concurso a decoración de Nadal en Ourense

Concurso a decoración de Nadal en Ourense

O Concello de Ourense incentivará a decoración de Nadal na cidade cun concurso que premiará as mellores ornamentacións festivas que se instalen nos comercios, nos locais de hostalaría e nas vivendas.

O concurso contará con dúas liñas e repartirá 9.500 euros en premios. Na categoría de establecementos comerciais e hostaleiros outorgarase un primeiro premio por importe de 3.000 euros e 5 segundos, a modo de accesits, de 500 cada un. No caso das vivendas, premiarase a decoración en fachadas de vivendas individuais ou comunitarias, tanto casas como pisos que dean á rúa. Haberá un primeiro premio de 1.500 euros e 5 segundos de 500 cada un.

Esta iniciativa únese á aposta que o Concello realizará este ano pola iluminación de Nadal que instalará nas rúas da cidade.

A iluminación de Nadal acenderase en torno ao día 5 de decembro, para facer coincidir a súa posta en funcionamento coa esperada volta e reapertura da hostalería ourensá.

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba