Cortes de tráfico nocturnos por mor da gravación da serie “Un asunto privado” de Amazon. Pontevedra

Cortes de tráfico nocturnos por mor da gravación da serie “Un asunto privado” de Amazon. Pontevedra

O mércores 28 de outubro, a partires das 21h e ata as 6h da mañá cortarase o tráfico na praza da Ferraría e nas súas inmediacións por mor da rodaxe da serie de Amazon “Un asunto privado”. Trátase de un dos escenarios nos que a produtora Bambú está gravando varias escenas desta serie na cidade de Pontevedra e que implican varios cortes de tráfico nocturnos en áreas do centro histórico entre mañá e o venres.
Tamén na tarde-noite de mañá, entre as 17h e as 4h, se cortará o tráfico na rúa do Barón e nas súas inmediacións, mentres que o xoves 29 o corte afectará á praza do Teucro e será en horario de 19:30h a 7h. O venres, o corte afectará ás rúas das inmediacións da avenida Montero Ríos e será entre as 20h e as 7h.
Todos os cortes de tráfico estarán indicados a través de sinalización e de persoal do equipo da produtora.

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba