Exposición da Federación de Alfombristas Galegos en Bueu

Exposición da Federación de Alfombristas Galegos en Bueu

 

  • A mostra poderase visitar ata o 22 de novembro e celebra o primeiro ano de vida desta entidade

  • O programa de eventos organízase con motivo do Día Mundial do Patrimonio Cultural

 

A Federación de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (Fagaarte) organiza unha exposición na entrada do Centro Social do Mar de Bueu que se poderá visitar ata o 22 de novembro e coa que celebran o seu primeiro ano de andadura. Este luns, Xosé Leal, concelleiro de cultura, e Manuel Alonso, presidente da entidade, abriron a mostra que se clasifica en tres momentos. As primeiras imaxes fan referencia á actividade previa á pandemia, con fotografías arredor da “Alfombra polo comercio” ou a que realizaron con motivo do Camiño Inglés en Miño. Tamén hai imaxes sobre os tapices virtuais, entre as que destacan a de “Juntos con el Corazón” ou “Soñando Tokio”. E na última parte recompílanse as diversas alfombras realizadas polas asociacións que forman parte do colectivo galego con motivo do Corpus deste ano, e da súa historia. 

Esta actividade insírese no marco do primeiro Foro do Alfombrismo de Galicia, e coincide coa efeméride do Día Mundial do Patrimonio Cultural. De feito, tamén se inclúe unha conferencia virtual do arquitecto Carlos Henrique Coto arredor do “Patrimonio que non vemos”, e outra da arqueóloga e antropóloga Ana Filgueira Rei, que afonda nos ritos, lendas e outros contidos inmateriais do Patrimonio Cultural. 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba