Exposición ‘De Mestras e Mestrados’. Museo de Pontevedra

Exposición ‘De Mestras e Mestrados’. Museo de Pontevedra

Do 29 de outubro ao 24 de xaneiro permanecerá aberta no claustro do edificio Sarmiento a exposición de Mestras e Mestrados realizada polo Museo de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo, con motivo da celebración do 30 aniversario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Cada ano, o Museo de Pontevedra presenta unha exposición na que o alumnado desta facultade que rematan o Mestrado en Arte contemporánea. Creación e Investigación amosan as súas creacións. Este ano, e con motivo deste 30 aniversario, collerán o testemuño as profesoras –artistas que imparten ou impartiron clases neste mestrado.

A exposición permitirá poñer en valor a obra desas profesoras-artistas que na exposición se presentarán xunto coa daquela alumna ou alumno escollido pola artista docente co que atopa unha especial conexión ou relación de afinidade creativa.

O Comisario, Xosé Manuel Buxán Bran optou nesta ocasión por unha selección únicamente de profesoras-artistas porque para el representan moito do mellor da profesión artística actual, tal como acreditan as súas carreiras ben significadas, que as erixen en profesionais de alta solvencia no sistema artístico galego, español e internacional.

PARTICIPANTES

(Na seguinte relación figura primeiro o nome da profesora e a continuación o da alumna ou alumno por ela escollido)

  • LORETO BLANCO SALGUEIRO / ABI CASTILLO
  • MAR CALDAS / NILO ARIAS
  • MARISA FERNÁNDEZ / CRISTIAN BENÍTEZ
  • ALMUDENA FDEZ FARIÑA / ISABEL FLORES
  • YOLANDA HERRANZ PASCUAL / CELESTE GARRIDO
  • ANNE HEYVAERT / YATIR FERNÁNDEZ
  • CHELO MATESANZ / XOANA POUSA
  • MÓNICA ORTUZAR / AMAYA GONZÁLEZ REYES
Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba