‘La odisea de los giles’. Cine Club Carballiño

‘La odisea de los giles’. Cine Club Carballiño

Despois dun parón dun mes motivado pola situación sanitaria volven as proxeccións do Cine Club Carballiño, adaptadas ás novas circunstancias e restriccións.

Esto implica varios cambios: o primeiro, que non haberá sesión dobre os venres, xa que nos pasariamos da hora do toque de queda. A segunda, o aforo, que se limita neste caso a 30 persoas por sesión. Para compensar todo isto, imos facer unha segunda proxección da película na fin de semana, preferentemente en domingo. Así, nesta fin de semana haberá dúas proxección da primeira das película que tivemos que suspender, a comedia arxentina La odisea de los giles. Os pases serán no auditorio Manuel María o venres día 13 ás 20:00 horas e o domingo día 15 ás 19:00 horas.

As persoas que o venres se acheguen pola taquilla antes de que empece a sesión poderán se queren recoller a entrada anticipada para o domingo. O sábado coumicaremos polas redes sociais o número de entradas que quedan libres para a sesión do domingo.

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba