
- por GaZeta
Os venres coa Intelixencia Artificial volven esta semana cun relatorio sobre as súas aplicacións na medina. “Presente, pasado e futuro”, a cargo do doutor Francisco Javier Díez, catedrático de Ciencia e IA polo centro da UNED en Madrid, abordará a forma en que usamos os datos e a información para tomar importantes decisións para el benestar das persoas.
Este seminario describirá os esforzos presentes e pasados da aplicación de algoritmos de IA na medicina, pero tamén ofrece ideas sobre como a IA cambiará esta ciencia a medio e longo prazo. Poderá seguirse en liña este venres desde as 12:00 horas a través da canle de vídeos do centro de IA.
Colaboración coa UNED
A charla deste venres inaugurará ademais unha serie de tres charlas en colaboración coa institución de ensino superior a distancia. Así, o vindeiro 4 de decembro, o catedrático en Linguaxes e Sistemas Informáticos, Julio Gonzalo Arroyo, falará do “Sesgo en Sistemas de avaliación”. Unha semana despois, será o seu colega José Antonio Rodríguez Anaya o que imparta a charla “Ferramentas de IA en contornas”.
Fai clic para calificar esta publicación!