Oliver Laxe Premio Especial Márgenes ao Cine Independiente

Oliver Laxe Premio  Especial Márgenes ao Cine Independiente

Premio Especial Márgenes  ao Cinema Independente que se concede no marco da décima edición do certame.

Oliver Laxe (París, 1985) é sen dúbida una das irrupcións máis cegadoras acontecidas no panorama cinematográfico español nas últimas décadas. O seu magnético debut, Todos vós sodes capitáns (2010), galardoado co Premio FIPRESCI no Festival de Cannes, marcou un punto de inflexión no cinema español recente. A película converteuse nunha referencia indispensable e contribuíu de forma decisiva a dar visibilidade a un conxunto de creadores que coa súa maneira libre e audaz de entender o cinema conseguiron sacudir e alargar o panorama cinematográfico español.

A súa segunda longametraxe, esa conmovedora viaxe física e espiritual maxistralmente narrado en Mimosas (2016), consolidou o seu idilio co Festival de Cannes, sendo recoñecido nesta ocasión co Gran Premio da Semana da Crítica. Co terceiro e máis recente, O que arde (2019), logrou o máis difícil aínda, axuntar premios e galardóns nacionais e internacionais (Premio do Xurado Un Certain Regard no Festival de Cannes, Premios Goya á Mellor Fotografía e á Actriz Revelación, preseleccionada para os Óscar…), a bendición unánime da crítica e o respaldo de público. Máis de 100.000 espectadores asomáronse ao fascinante universo da Galicia rural que de forma hipnótica retrata a película.

A existencia do Festival Márgenes correu en paralelo á filmografía de Oliver Laxe. Mimosas, foi a película inaugural da sexta edición do certame. Con este galardón o festival rende un merecido tributo a un cineasta imprescindible cuxa obra, repleta de beleza e intensidade, entronca coa doutros grandes heterodoxos e reconcílianos, dalgunha maneira, co cinema entendido como un feito cultural e artístico afastado do mero entretemento.

Fonte: Festival Márgenes

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba