Pontevedra empeza a iluminarse para o Nadal

Pontevedra empeza a iluminarse  para o Nadal

A Concellaría de Festas iniciou nestes días a colocación do alumeado de Nadal en distintas rúas da cidade para que estea listo o vindeiro venres, 4 de decembro, cando está previsto que se poña en marcha.

A pesar de que Pontevedra vive momentos tristes pola situación da pandemia, a concelleira Carme da Silva quere que a iluminación de Nadal, ao igual que todos os anos, mellore o ánimo dos veciños e veciñas de cara a estas festas tan familiares e entrañables.

A Concellaría redobrou esforzos para que a cidade ofreza a súa mellor imaxe tanto colocando arcos, iluminando farois e arborado e instalando elementos decorativos de Nadal en 81 rúas e prazas da cidade, incluso en zonas que até o de agora non dispoñían de ningún destes elementos.

A día de hoxe xa está instalada toda a iluminación do centro histórico, para a cal a concellaría conta coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, e tamén está colocada noutras rúas como Josefina Arruti ou María Victoria Moreno. Comezou a instalación no centro da cidade, como na rúa Michelena.

Ademais da instalación de arcos e da iluminación de farois, a decoración de Nadal deste ano terá elementos coñecidos e algunha novidade.

Está prevista a colocación de 8 paneis de felicitación de festas nas entradas á cidade, a instalación dunha árbore artificial da Ferraría de 20 metros e a iluminación das camelias da praza de Ourense. Tamén no centro histórico está prevista a instalación dunha árbore artificial de 10 metros na praza de Méndez Núñez, así como a iluminación do Teatro Principal, do Pazo da Cultura, da Casa Consistorial e do edificio administrativo do Concello, Michelena, 30. Tamén se volverán a iluminar as árbores da praza de San Xosé e a árbore do cruzamento das rúas Uxío Novoneira, Eduardo Pondal, Gorgullón e Xermán Adrio Sobrino. Á praza da Audiencia e a Daniel de la Sota volverán as bolas xigantes de Nadal.

As novidades

Tamén están previstas as seguintes novidades: a instalación dunha campá de grandes dimensións na praza de Barcelos, a colocación de dúas bolas de Nadal máis ás habituais: unha na praza do Hospital e outra no barrio de Monte Porreiro.

Á Parda levarase unha árbore de Nadal e as prazas da Leña e de Méndez Núñez terán un manto de luz.

Unha das grandes novidades desta edición será a iluminación da gran árbore que preside a entrada á Alameda, situada á esquerda da estatua dos Heroes de Ponte Sampaio.

As rúas e prazas

Nesta ocasión a Concellaría decorará 81 rúas da cidade entre arcos e motivos de iluminación nos farois. As rúas e prazas son:

  1. Rúa Oliva
  2. Rúa Benito Corbal
  3. Rúa Santa Clara
  4. Rúa Cobián Roffignac
  5. Paseo de Colón
  6. Rúa Daniel de la Sota
  7. Rúa Echegaray
  8. Rúa Estribela
  9. Rúa Fondavila
  10. Barrio da Seca
  11. Rúa Garcia Camba
  12. Rúa Joaquín Costa
  13. Rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gomez
  14. Avenida de Lugo
  15. Rúa Marques de Riestra
  16. Rúa Marquesa
  17. Rúa Michelena
  18. Monte Porreiro
  19. Avenida Peregrina
  20. Ponte Sampaio
  21. Rúa Rosalía de Castro
  22. Rúa Sagasta
  23. Rúa Virgen del Camino
  24. Rúa Xeneral Gutierrez Mellado
  25. Rúa Fray Juan Navarrete
  26. Andres Muruais
  27. Curros Enríquez
  28. Verdura
  29. Praza do Peirao
  30. Don Gonzalo
  31. César Boente
  32. Sarmiento
  33. San Román
  34. Soportais da Ferraría
  35. Fernández Villaverde
  36. Manuel Quiroga
  37. Rúa Real
  38. Serra
  39. Princesa
  40. Avda Santa María
  41. Rúa Alta
  42. Bastida
  43. Alfóndega
  44. Rúa Alameda
  45. Rúa Santa Clara
  46. Rúa San Antoniño
  47. Glorieta Compostela
  48. Praza da Ferraría
  49. Cobián Areal
  50. Uxío Novoneira
  51. Glorieta Loureiro Crespo
  52. Praza Orense
  53. Rúa San Roque
  54. Avenida de Vigo
  55. Avenida Eduardo Pondal
  56. Maria Victoria Moreno
  57. Xeneral Rubín
  58. Plaza de España
  59. Avenida 12 de Novembro
  60. Fernando Olmedo
  61. Josefina Arruti
  62. Rúa Estación
  63. Rúa da Estrada
  64. Xoán Carlos I
  65. Praza de Barcelos
  66. Plaza de Galicia
  67. Augusto García Sánchez
  68. Castelao
  69. Blanco Porto
  70. Cruz Gallástegui
  71. González Besada
  72. Rúa dos Ferreiros
  73. Raiña Victoria
  74. Pintor Virxilio Blanco
  75. Urbano Lugrís
  76. Manuel Colmeiro
  77. Hermida Fariña
  78. Javier Puig
  79. Victor Cervera
  80. José Millán
  81. Álvaez Limeses

 

 

 

 

 

 

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba