Proxecto Badaladas. Estudo das campás do Camiño de Santiago

Proxecto Badaladas. Estudo das campás do Camiño de Santiago

As campás constitúen  un patrimonio tanto material como inmaterial.

Material por seren un fermoso instrumento musical feito de xeito artesanal. Inmaterial polo seu son que chega a todos os veciños e porque funcionaron, e aínda funcionan, como un medio de comunicación. Tamén porque gardan inscricións onde se dá conta de distinta información como o artesán que as fixo, o ano de fabricación, advocacións relixiosas e outros datos históricos.

Pero as campás son unhas grandes descoñecidas. Como o acceso a elas, loxicamente, non é doado, esta páxina pretende achegar o coñecemento das campás do Camiño ao público en xeral. Tamén dá a coñecer algúns toques empregados polos campaneiros para  avisar a comunidade de certos acontecementos.

Dende esta páxina, clicando nos marcadores do mapa ou no listado posterior, poderás ver fotografías, datos e inscricións das campás da localización elixida. Tamén poderás escoitar o seu son.

En certas páxinas  atópanse imaxes doutros elementos como reloxos mecánicos ou carillóns, ademais de fermosas vistas dende os campanarios.

Fonte: Baladadas

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba