Teo Cardalda, nomeado presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia

Teo  Cardalda, nomeado presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia

Exercerá a representación dos socios censados nesta Comunidade Referente do pop galego, foi fundador de Golpes Baixos e de Cómplices

A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) anuncia a constitución do seu novo Consello Territorial en Galicia. Tras as eleccións do pasado 22 de outubro, os membros designados nas urnas celebraron a súa primeira reunión, na que nomearon Presidente ao autor e músico Teo Cardalda. A partir deste intre, exercerá a representación directa dos socios galegos ante a Xunta Directiva da SGAE e será a súa voz institucional nesta Comunidade.

“Ocupo este cargo con orgullo e compromiso”, dixo Cardalda sobre esta nova responsabilidade. “Sinto que é un bo momento para poñer a miña experiencia ao servizo dos autores da miña Comunidade. Galicia é un berce de talento creativo cun impacto importante na música, o audiovisual e as artes escénicas. É un privilexio representar aos meus compañeiros e farei todo o posible por garantir os seus dereitos e visibilizar a súa obra”.

O vigués Teo Cardalda, fundador de grupos tan populares como Golpes Bajos ou Cómplices, sucede como presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia a outros dous músicos: Juan Rivas e Rodrigo Romaní. Cardalda atesoura experiencia previa nos órganos de goberno da SGAE, pois formou parte da súa Xunta Directiva e foi vicepresidente de Pequeno Dereito da entidade.

O novo Consello Territorial da SGAE en Galicia, constituído en novembro de 2020, está composto por: Teo Cardalda, Miguel Costas, Alberto Gallardo e Raquel Rodríguez Fernández

Fonte: SGAE

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba