- por GaZeta
A área de Igualdade do Concello de Allariz, como xa vén realizando en anos anteriores celebrará o 25 de novembro, o día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Neste 2020 os diferentes actos levaranse acabo entre os días 20 e 26 de novembro.
As actividades este ano están marcadas pola situación sanitaria e seguirán todos os protocolos de prevención contra a Covid-19. O venres 20 colocarase a pancarta, na Casa do Concello.
A xornada do luns 23 conta cun obradoiro para a mesa de coordinación contras as violencias impartido por María Mariño e Yolanda Ferreiro, avogadas. Será no Fogar dos Maiores ás 18:30h.
O propio día 25, pola mañá, no salón do Fogar dos Maiores haberá a presentación da Plataforma pola convivencia, unha nova ferramenta virtual.
Pola tarde, ás 17:00h será a quenda das Doulas Sororas. Realizarán un obradoiro impartido por Berta Vega Villaamil, pedagoga, sexóloga e feminista.
As xornadas terán a súa fin o xoves 26, ás 18:00h cunha charla-obradoiro para familias que leva por título “Somos un mundo!”. Esta charla está organizada dende a Anpa Airiña, na que o Concello de Allariz colabora é será de balde. Beatriz Pirês impartirá esta actividade e para poder asistir deberase reservar praza chamando ao 988 554 059. O aforo será limitado debido a situación sanitaria.