Seis rúas rexistrarán tráfico nocturno de vehículos pesados desde o luns. Ourense

Con motivo da execución das obras de acceso do tren de alta velocidade á cidade de Ourense, a partires do próximo luns, día 6 de maio, e durante un período aproximado dun mes, rexistrarase tráfico nocturno de vehículos pesados no ámbito das rúas Avenida de Zamora, Nosa Señora da Saínza, Ramón Puga Noguerol, Cruceiro Quebrado, Portalón do Casar e Xosé Cornide, con destino ás praias das vías de ferrocarril da estación de San Francisco.

Ver+

Baiona, Unha Vila “Real”

Foto: Wikipedia / Alma de gl Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e o Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas a concesións reais e á súa condición de pobo de realengo, tal e como reza o seu nome completo: Baiona A Real. Ese prestixio pasado explica por que este foi o punto ao que Martín Alonso Pinzón arribou en primeiro lugar tras a volta do descubrimento…

Ver+

Proxecto de iluminación para as pontes sobre o Lérez con un orzamento de máis de 363.000 euros. Pontevedra

O Concello de Pontevedra acordou imputar o proxecto de iluminación das pontes sobre o Lérez a un convenio coa Deputación provincial, que foi aprobado esta mañá na Xunta de Goberno da institución. O proxecto ten un custe de 363.681,86 euros e incluirá as pontes das Correntes, Tirantes e a pasarela peonil da Illa do Cobo. Esta intervención xa fora adxudicada polo Concello o pasado mes de xullo á empresa Copcisa por 351.554 euros (case 100.000 euros máis que a licitación), que no momento da sinatura do contrato, informou aos técnicos…

Ver+

A cidade en imaxes: A xogar! xa ten gañador : Carlos Andrés Pereira

O concurso de fotografías A cidade en imaxes: A Xogar! xa ten gañadores. O primeiro premio -dotado con 800 euros- foi para Carlos Andrés Pereira. O xurado valorou na súa imaxe “1-concurso” a localización, nunha zona céntrica da cidade recuperada para as persoas e o feito de que sexa unha imaxe dinámica, tecnicamente ben realiza e que salienta o ámbito urbano. A primeira edición do concurso está incluída no proxecto A cidade en imaxes que promove o Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Promoción da Cidade e Taller…

Ver+

Operativo de tráfico do sábado, 4 de maio. Mundial Triatlón de Pontevedra

Mañá, 4 de maio, celébrase a última proba dos campionatos do mundo de tríatlon coa proba do Tríatlon de longa distancia, que terá unha importante afectación ao tráfico na cidade e tamén no resto do concello, e no concello veciño de Barro. A incidencia será, polo tanto, no ámbito urbano e tamén nas N-550 e na PO-224. Sábado 4 de maio (Tríatlon de longa distancia) mañá e tarde Centro da Cidade: As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas. O percorrido pechase unha hora…

Ver+

Aser Álvarez gaña o XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo. Bueu

Aser Álvarez González erixiuse gañador do XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo pola súa reportaxe titulada “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal dixital www.adiante.gal, polo que se fará con 1500 €.   O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, e as xornalistas Ana Cabaleiro e Montse Dopico, xustificou a súa decisión en que “como produto xornalístico destaca pola súa orixinalidade e estrutura, así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, ao mesmo tempo que…

Ver+

Ábrese o prazo para inscribirse no programa PaiFill@Nai. Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo, desde o Centro de Información á Muller, pon en marcha unha nova edición do Programa Paifill@nai, O programa desenvolverase desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, no CEIP Portonovo. O prazo para solicitude de praza esténdese desde o vindeiro luns día 6 ata o día 13, ambos os incluídos. Serán dous os tipos de horario do programa, un amplo e outro reducido. A entrada daqueles que escollan a modalidade de horario amplo será a…

Ver+