Na foto San Martiño. Agudelo. Barro. As pegadas da antiga ocupación humana remítennos aos castros de Barro e Randulfe, ademais dos restos romanos da antiga Vía XIX. É necesario subliñar a igrexa de San Martiño de Agudelo, con notables restos tardorrománicos na ábsida (nun capitel represéntase un músico cunha zanfoña e unha viola) e na portada occidental, na que destaca a figura de San Martiño co Agnus Dei no seu tímpano. Débese destacar igualmente a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos, así como a barroca de…
Ver+Día: 9 Maio, 2019
Aprobada a licenza de obra para que a Xunta execute a restauración da igrexa da Trinidade. Ourense
A restauración da igrexa parroquial da Trinidade, que será executada pola Xunta de Galicia, xa conta coa licencia de obra municipal. “O proxecto, redactado polo arquitecto Ignacio Inaraja, ten un orzamento de execución material de 263.653,34 euros, e ten o visto bo da arquitecta municipal, da Comisión Técnica Municipal de Protección de Bens Culturais, da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, e conta ademais cos informes positivos do arqueólogo municipal e do departamento xurídico”, adiantaba esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior…
Ver+Ourense réndelle homenaxe á Coral de Ruada dándolle o seu nome a unha céntrica praza da cidade
A Coral de Ruada dá nome desde hoxe á praza situada na confluencia da rúa Xoán de Novoa e a Avenida de Bos Aires, froito da homenaxe que o Concello de Ourense rendeulle esta mañá á agrupación ourensá, co que culmina o expedinte de honras aberto á agrupación ourensá no centenario do seu nacemento. O alcalde, a Corporación e representantes da Coral participaron nos actos que se desenvolveron primeiro no salón de plenos e posteriormente na propia praza. Nesta descubriuse a placa que lle dá o nome da Coral de…
Ver+Longa e intensa sesión de traballo do comité de dirección do Campionato Mundial de Balonmán Junior Masculino. Pontevedra
Un novo evento deportivo de carácter internacional, o Campionato Mundial de Balonmán Junior Masculino pon de novo o foco en Pontevedra, unha das dúas sedes que terá a competición que se vai a desenvolver do 16 ao 28 de xullo. A outra é Vigo. A pouco máis de dous meses, os traballos organizativos gañan en intensidade. Hoxe o comité de dirección do campionato mantivo unha longa reunión de traballo no Pazo Provincial, na que estiveron en representación da Boa Vila: a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o xefe do…
Ver+Cursos do programa formativo XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE 2019 do GDR Pontevedra Morrazo.
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende este mércores o primeiro curso do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 dedicado a horticultura ecolóxica que organiza o GDR Pontevedra Morrazo e que se desenvolverá ao longo do mes de maio e xuño. Tralo éxito do ano anterior, a nova proposta formativa do GDR que conta con máis de 30 inscritos abordará ao longo das de 54 horas lectivas do programa os fundamentos da horticultura e gandería ecolóxica, a xestión sustentable do monte e producións alternativas así como un curso transversal…
Ver+“Entre dúas augas”: Conferencia “As mulleres na década 1930-1940”
A Casa das Campás acollerá o vindeiro martes 14 de maio, ás 19.30 horas, a conferencia “As mulleres na década 1930-1940: da liberdade á prisión” de Aurora Marco. É unha conferencia organizada polo Arquivo Municipal de Pontevedra como actividade complementaria da mostra “Entre dúas augas”, un percorrido pola historia e a vida cotiá da Pontevedra de 1930 a 1940 que se pode ver na sala de exposicións do Pazo da Cultura, até o 7 de xullo. +INFO EXPOSICIÓN “ENTRE DÚAS AUGAS“
Ver+A Pé de Rúa: ‘Rizando o Rizo’ participarán 14 perruquerías, barberías e tendas de tocados. Pontevedra
Demostracións (peiteados, maquillaxes, depilación con fíos…), nomes propios, mesmo un desfile e servizos en directo, ademais de actividades para nenos e nenas. Son os vimbios da próxima cita de Rizando o Rizo, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de maio, a partir das 16.30 horas no eixo praza de Ourense/A Ferrería. Rizando o Rizo é a cita sectorial do programa A Pé de Rúa que impulsa a Concellería de Promoción Económica e da Cidade para pór en valor e visibilizar o comercio local. Ven da man da concellería e…
Ver+