Campa Verán 2019. Poio

Aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na que ofrecemos unha alternativa de ocio aos/ás máis cativos/as durante as vacacións estivais, ademais de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O horario amplíase respecto ao ano anterior, pasando a ser de 7:30 a 15:00 horas. As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do…

Ver+

I Encontro de Familias do Salnés. Sanxenxo (Programa)

Mañá comeza o prazo de inscrición no  I Encontro de Familias do Salnés que se presentou o pasado mércores no Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa. Información importante: A inscrición deberá facerse a través do enlace indicado no cartel. Si para algunha persoa isto supón un problema poderá facela presencialmente no Pazo Emilia Pardo Bazán.   Prazo de inscrición comeza o mércores, 15 ás 9,00 h e remata o luns, 27 de maio.   Para facilitar a asistencia ás mesas redondas haberá servizo de ludoteca.   Os talleres da tarde…

Ver+

O Fogar do Santiso instálase en Allariz

Allariz conta cunha importante rede hostaleira e parte dela funciona a través da colaboración público privada en forma de concesións municipais como a Pousada Torre Lombarda, o Mesón Portovello ou o Fío do Liño entre outras. A Fábrica de Vilanova, situada a carón da ponte románica, é outra destas concesións, que abrirá no próximo mes de xuño con nova xestión, a do Fogar do Santiso, que traballa en Galicia dende 1966 co obxectivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. O Fogar do Santiso converteuse…

Ver+

Mellora na accesibilidade no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Bueu

O Concello de Bueu vén de recibir unha comunicación da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para mellorar a accesibilidade no Pavillón Municipal Pablo Herbello.  A actuación, cun proxecto orzamentado en 28.200 €, permitirá a construción dunha pasarela que unirá o baixo co primeiro andar, a fin de que as persoas con dificultades de mobilidade poidan acceder a calquera evento deportivo. A Xunta asumirá o 70 % da actuación, é dicir 19.740 €. A actuación consistirá na colocación dunha pasarela dende a intersección de Staffan Mörling e a rúa…

Ver+

Xornadas de portas abertas no CITA. Día Internacional dos Museos. Pontevedra

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, CITA, celebra co gallo do Día dos Museos -18 de maio- con tres xornadas de portas abertas. O acceso nestes días será gratuíto e regularase en función do aforo limitado da instalación. As xornadas de portas abertas terán o seguinte horario: Venres 17 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Sábado 18 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Domingo 19 de maio, de 10.00 a 14.00 horas Ademais o propio Día Internacional…

Ver+

Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…

Ver+

O programa RE-viradas e a creación dun banco de tempo avanzan ao abeiro da Redeira. Pontevedra

Está en marcha o programa RE-viradas no que dez mulleres foron seleccionadas para darlle unha volta ao seu potencial persoal ou profesional e que lles gustaría facelo acompañadas. Serán 12 horas repartidas en 6 sesións nas que se traballarán obxectivos de diferente natureza. Por outra banda dende o pasado día 8 e até o vindeiro 16 de maio, A Redeira recibe a trinta personas de Estonia, Grecia, Eslovenia e Portugal no proxecto europeo We are time bankers de Ticket2europe. Neste caso A Redeira ademais de facilitar a loxística do proxecto…

Ver+

Bueu recibe ao alumnado de Erasmus+de intercambio co IES Johán Carballeira

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este martes, 14 de maio, un acto de recibimento ao alumnado de cinco países que participa no proxecto “Migración e crise de refuxiados” no marco de Erasmus + co IES Johán Carballeira. O obxectivo deste programa, que engloba a catorce rapaces e rapazas, é analizar a crise dos refuxiados e ver a inmigración desde un ámbito global. Acompañados de sete profesores, o alumnado do Liceum Ogolnoksztalcace de Sroda Wielkpolska (Polonia), do Licei Statali Francesco Angeloni de Terni (Italia), do Solski Center…

Ver+

O Concello de Ourense participa na xuntanza da comisión técnica do proxecto Geoatlantic en Escocia

O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico que participan no proxecto, co lema Promovendo a enerxía xeotermal e xeotérmica. O proxecto, aposta por fomentar unha cidade sostible, baseada na utilización das enerxías renovables, e moi especialmente dun dos maiores recursos…

Ver+

Concerto das Letras Galegas. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense vai a celebrar o Día das Letras Galegas o vindeiro xoves as oito da tarde con un Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón, unha proposta conxunta que mestura cancións propias con cancións populares galegas, un concerto acústico dende o principio ata o fín.  O Concerto está patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia.

Ver+