A Asociación Down de Ourense e Concello, promoverán actividades educativas para favorecer a inclusión social

O Concello de Ourense e a Asociación Down Ourense asinaron un protocolo de cooperación educativa para a promoción do Día Mundial da síndrome de Down (o 21 de marzo), a difusión dun vídeo divulgativo e a promoción de diferentes actividades educativas nos centros escolares da cidade.

A través deste acordo preténdese sensibilizar a sociedade para aproximarse as persoas con discapacidade intelectual e favorecer a inclusión educativa e social das persoas con síndrome de Down ou con outras discapacidades intelectuais. Así, ambas as dúas partes promoverán actuación conxuntas para dar visibilidade a este colectivo e sensibilizar ao resto da sociedade.

As actividades propostas consistirán en dar a coñecer aos escolares da cidade a campaña “Tan diferentes, pero iguais”; a promoción do Día Mundial da síndrome de Down; a proxección dun vídeo divulgativo sobre a síndrome de Down; e a posta en marcha de actividades escolares específicas durante o 21 de marzo. Serán propostas nas que se traballarán diversas competencias como a comunicación lingüística, ou o coñecemento e interacción co mundo físico, social e cidadán; para que o alumnado se sensibilice sobre o día a día das persoas con discapacidades intelectuais.

Comparte!!!

Relacionados