A Batalla de Ponte Sampaio

Foto©Porgaliciabaixo

A batalla de Ponte Sampaio foi un choque bélico que tivo lugar no lugar homónimo entre os días 7 a 9 de xuño de 1809, no escenario da Guerra de Independencia española. O conflito tivo lugar nas beiras do río Verdugo, entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron as tropas francesas dirixidas polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos españois, impediu a Ney o paso do río, véndose obrigado a retirarse.

A vitoria do mariscal Soult na batalla de Elviña, nas proximidades da Coruña, o 16 de xaneiro de 1809, sobre as tropas británicas de Moore, deixaría campo libre para a ocupación de Galicia. En apenas dúas semanas rendéronse as cidades máis importantes do país. O mariscal Ney, que acompañaba a Soult, recibe ordes de controlar o Norte do país e máis Asturias, para o que centra o seu campamento en Lugo. Á par Soult pasa a Portugal, onde toma Porto no 29 de marzo.

O día 7 de xuño de 1809, as tropas de Ney avistaron o inimigo. Tentouse tomar a ponte de Sampaio en sucesivos ataques frontais, que foron rexeitados.

Paseniñamente vanse montando alarmas populares nas diversas comarcas galegas. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar con as partidas de guerrilleiros que acosan os destacamentos franceses. A fins de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de Vigo, Pontevedra e Tui, feitos que coutaban o enlace con Soult, en Portugal.

Michel Ney, que xunto con Soult dirixiu as tropas francesas.

Reunidos Soult e Ney en Lugo, o 29 de maio, deciden unha nova estratexia. Soult buscou as tropas do marqués no Sur interior do país, mentres Ney partiu cara a Pontevedra e Vigo con intención de recobrar as cidades.

En maio, Ney tivo noticias de que o marqués de la Romana estaba en Asturias, polo que decidiu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galicia. O regreso de Soult desde Portugal ata Ourense foi dificultoso.

Reunidos Soult e Ney en Lugo, o 29 de maio, deciden unha nova estratexia. Soult buscou as tropas do marqués no Sur interior do país, mentres Ney partiu cara a Pontevedra e Vigo con intención de recobrar as cidades. Tal acción conxunta buscaría o dominio definitivo de Galicia.

A Batalla
Ney saíu da Coruña, pasando por Santiago. Levaba con el uns 8 000 infantes e 1 200 xinetes, con 13 canóns. Porén era unha acción anunciada, pois fixera publicar bandos sobre as súas intencións. As forzas regulares españolas, ao mando do conde de Noroña, esperaron o avance de Ney en Ponte Sampaio, que era paso obrigado no camiño entre Pontevedra e Vigo. 
Ás forzas de liña do conde uníronselle diversos batallóns de milicias populares das comarcas próximas e, incluso, de lugares afastados, como Lemos. Foron defendidas dúas pontes, a de Caldelas, baixo o mando de Pablo Morillo, e a propia de Sampaio, polo mesmo conde de Noroña.
O día 7 de xuño de 1809, as tropas de Ney avistaron o inimigo. Tentouse tomar a ponte de Sampaio en sucesivos ataques frontais, que foron rexeitados. Buscaron os franceses entón vaos apropiados no río Oitavén, pero os ataques foron infrutuosos unha e outra vez. As tentativas sobre a ponte de Caldelas, mostraron a mesma determinación dos españois.
No día 9, Ney xulgou polas perdas que serían inútiles novos ataques, polo que deu a orde de retirarse a Compostela.

Detalle do monumento aos Héroes de Sampaio na Alameda de Pontevedra

As forzas regulares españolas, ao mando do conde de Noroña, esperaron o avance de Ney en Ponte Sampaio, que era paso obrigado no camiño entre Pontevedra e Vigo.

A batalla impediu o dominio francés sobre o sueste galego. Mentres, o fracaso de Soult no interior meridional de Galicia, e novos acontecementos no centro da península, onde Wellesley ameaza entrar en Madrid, obrigan a saír a ambos mariscais de Galicia. Ney faino por Pedrafita e o Bierzo, mentres Soult pasa poloValdeorras e a Terra do Bolo, en dirección a Sanabria. No seu camiño víronse atacados polas partidas guerrilleiras, pero as súas tropas provocaron un verdadeiro regueiro de sangue e pillaxe. Cando por fin se xuntan ambos dous mariscais só lles fican 18 000 dos 53 000 ou 55 000 homes con os que chegaran en xaneiro de 1809.

Fonte: Wikipedia

 

Comparte!!!

Relacionados