A Catedral de Ourense

Foto©Porgaliciabaixo

Dedicado a San Martín de Tours, ou como se lle chama en Ourense cariñosamente, San Martiño.

Edificada entre os séculos XII e XIII. Foi declarada Monumento Historico Artístico no ano 1931, ademáis de ser considerada BIC (Ben de Interese Cultural).

Sobre su construcción, parece ser que se realizó en tres fases

Pertence a un estilo que se considera románico tardío (tardorománico), con influencia cistercense na súa arquitectura, e “mateano” (Mestre Mateo), na vertente escultórica.

Orixinariamente a catedral constaba de tres naves con transepto (1) e cabeceira de tres ábsides. Esta última parte sufriu transformacións e polo tanto, modificarase cando se construíu a actual girola

A destacar o fermosísimo e importante cimborrio gótico levantado sobre o crucero entre os anos 1499 e 1505.

As naves da catedral están dispostas en bóvedas de crucería e arcos apoiados sobre alicerces cruciformes e semicolumnas encostadas. Si nos fixámonos nas súas portas de acceso, chamarannos a atención, estas bellísimas portas románicas en perfecto estado.

Famosa e moi coñecida é a entrada denominada Pórtico do Paraíso (entrada occidental), unha obra inspirada polos mestres do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela; a desctacar as policromías.

En canto ás outras portadas (septentrional e meridional) son semenllantes, sobresae o traballo escultórico nelas, facéndose palpable a influencia da escola compostelana do Mestre Mateo.

Sobre á construción, parece ser que se realizou en tres fases:

1ª Fase Anos 1157 – 1169 co bispo Pedro Seguín; na cal desenvólvese o ábside central e a maior parte das outras dúas.

2ª Fase. Anos 1174 – 1213. Remátanse as ábsides, póñense en marcha tramos das nave central, se erige o Transepto – Bispo Alfonso.

3ª Fase 1216 – 1248 co bispo Lorenzo, finalízase a catedral na forma que se coñece orixinariamente, e realízase o Pórtico do Paraíso.

Para rematar, como xa mencionamos antes, o cimborrio gótico levántase entre 1499 e 1505, e a girola entre os anos 1620 e 1633.

(1) Transepto: Denomínase así en arquitectura relixiosa, á nave transversal que atravesaría a nave principal de forma perpendicular (ortogonalmente). De tal modo qe a zona común que dicurre entre o transepto e a navem é a que se coñece como cruceiro.

Vídeo

Comparte!!!

Relacionados