A Gastronomía Galega

Si algo sabemos facer en Galicia é gozar da nosa gastronomía. Unha gastronomía que afunde as súas raíces en nosa propia cultura ancestral, sinxela e cunha materia prima de primerísima calidade, sentindo auténtico amor e respecto pola súa cociña.

Neste momento Galicia tamén é puntera da cociña de vanguardia internacional, e sempre preservando esa esencia única da nosa cultura. Aos galegos gústanos comer, beber ben e en abundancia; nas cociñas do día a día disfrútase de xeito cotián, pasando esta tradición nas familias dunha xeración á que a segue; e é así que esta cociña tradicional traspasou fronteiras… Quen non coñece fóra da mesma Galicia ou pulpo á feira, o lacón con grelos, as filloas, o cocido galego e o seu caldo, as caldeiradas de peixe, as vieiras, zamburiñas, cigalas, mexillóns, as ostras, as almeixas de Carril etcétera.

Comer, beber e gozar a gastronomía galega, é básico si de verdade queres chegar a coñecer Galicia.

Por non falar dos mariscos varios, ou as famosas carnes de primeira calidade de tenreira galega ou de porco, os “capóns” e os famosísimos pimientos de Padrón e os pimientos de Arnoia.

Temos e coidamos todos os elementos que acompañan unha boa mesa; así por exemplo, un elemento tan cotián como o pan cóidase en todo o seu proceso, conocidísimo é o pan de Cea en Ourense, pero hai moitos máis por calquera recuncho de Galicia, en Pontevedra famosos é o pan e os bocadillos de Soutelo de Montes.

E tan importante son os alimentos como os bos viños ou caldos que acompañan unha boa mesa. Si falamos de viños debemos falar das Denominaciones de Orixe; Rias Baixas (Pontevedra) excelentes brancos, o famosísismo e histórico viño do Ribeiro (Ourense), Valdeorras (Ourense), Monterrei e Ribeira Sacra; todos eles viños con moitísimo prestixio e impecable calidade.

Tampouco podemos esquecer as augas ardentes galegas, as de herbas (dixestivas), as brancas (moi utilizada para engadir ao café, e coñecida por ser a empregada para facer as queimadas), o licor café (polo que se sente auténtica devoción), as tostadas, os licores de guindas… de mandarinas e moitas máis variantes.

Nas sobremesas reservámosnos para as filloas (tamén existen versións saladas), as outras filloas, as de sangue (típicas na época da matanza do porco), as canas, quizá as máis famosas as de O Carballiño; delicatessen como o marrón glacé (as castañas son un produto moi utilizado en Galicia e protagonista das festas de final de outono, ao principio de inverno coñecido como magosto). E non podemos esquecernos da gran variedade de queixos galegos, moitos dos cales están protexidos con denominación de orixe.

Comer, beber e gozar a gastronomía galega, é básico si de verdade queres chegar a coñecer Galicia.

Comparte!!!

Relacionados