A illa de Sálvora será declarada Ben de Interese Cultural

As consellerías de Cultura e Medio Ambiente da Xunta de Galicia están a promover a declaración da illa de Sálvora como Ben de Interese Cultural.

Segundo a Xunta, a illa cumpre os valores precisos para a declaración tanto desde o punto de vista natural (é reserva de diferentes especies tanto da flora como da fauna) como cultural (contén un conxunto de arquitecturas da sociedade agraria e mariñeira do século XIX e XX).

A declaración BIC non supón un maior investimento na illa, senón unha maior regulamentación nos accesos e nos traballos de recuperación que nela se efectúen.

Fonte: Cultura Galega

Publicado 6 febreiro 2017

Comparte!!!

Relacionados