A innovación e a intercooperación empresarial centran a nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 19 de xaneiro -de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo, centrado por segunda vez nos “Procesos colaborativos (2)” mais nesta ocasión porá o foco nos seguintes aspectos: innovación colaborativa e como desenvolver novo proxectos de intercooperación en clave colaborativa.

Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e actividades creativas e innovadoras

Nas condicións económicas nas que nos atopamos, unha das claves para todas as empresas – e de xeito especial para as micropemes – é a colaboración e a cooperación entre elas. A intercooperación inclúese coma un factor de competitividade que permite ás pemes acceder a proxectos e mercados que polo seu tamaño resultarían complicados de executar e/ou captar.

Para participar nestas accións formativas é precisa a inscrición previa para cada unha das xornadas, a través dun formulario online dispoñible na páxina web do Concello de Pontevedra ou ben no enderezo electrónico pontevedratenunpuntazo@pontevedra.eu.

Comparte!!!

Relacionados