A Ría de Pontevedra

A Ría de Pontevedra adopta o seu nome da localidade e capital de provincia onde se sitúa, é dicir, Pontevedra. Posúe uns cento corenta e cinco quilómetros cadrados de extensión, o que a fai a terceira máis grande das rías galegas.

O Río Lérez que desemboca nela, achega á mesma unha media de 432 hectómetros cúbicos. A temperatura da auga oscila dos 14 graos centígrados a 20 no mes de agosto. Atópase localizada entre outras dúas grandes rías; a de Arousa ao norte e a de Vigo ao sur.

Os principais municipios que atopamos son de norte a sur: Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu e Cangas.

É unha rexión moi poboada se nos referimos a densidade de habitantes por quilómetro cadrado, podéndose dar o caso para as persoas que visiten por primeira vez a zona, que pasen dunha localidade a outra sen apreciar o cambio de poboación. Ten unha gran actividade económica e turística, debido en parte aos seus recursos naturais e á súa indubidable beleza.

De carácter inminentemente atlántico conta no seu interior con varias illas, como a de Tambo (fronte a Pontevedra e Marín), Ons e Onceta(pertencentes ao Parque Nacional de Illas Atlánticas).

Mencionaremos polo seu interese a Ensenada de Aldán, unha pequena ría situada na península do Morrazo, entre cuxos pobos atopar Hío, Aldán ou Beluso; os dous primeiros pertenecen ao Concello de Cangas, o último ao de Bueu.

A riqueza das súas augas son famosas no mundo enteiro, sendo posible pescar multitude de especies, ademais dos moluscos e crustáceos que se crían.

Vídeo Marín e a Ría de Pontevedra desde o aire

Comparte!!!

Relacionados