Aberta a inscrición para o programa de APEGO de primavera

Xa está aberto o prazo de inscrición para a nova quenda de actividades do programa Apego en Pontevedra. A Concellaría de Normalización Lingüística, dirixida por Alberto Oubiña, desenvolve este programa de actividades tendo en conta o obxectivo do Apego: achegarlles ás nais e aos pais recursos que lles axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa coas fillas e os fillos, así como a creación de espazos de socialización en galego para as familias.

Consonte isto, as propostas ofrecidas para esta primavera abranguen obradoiros, charlas, unha camiñada pola cidade e unha foliada con merenda para despedir o programa.

As actividades están dirixidas ás familias que teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro; todas elas son de balde.

As prazas son por familia, para 1 ou 2 adultos por menor. Son limitadas e para todas as actividades cómpre inscrición no seguinte formulario: http://apuntate.pontevedra.gal/ apego/

Por outra banda para formar parte do programa Apego hai que solicitar unha unha cita a través do web www.apego.gal

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA APEGO PRIMAVERA

 

Comparte!!!

Relacionados