Aberto o prazo para participar no mercado das Palmas. Pontevedra

As inmediacións da rúa César Boente, fronte á prazas de abastos, acollerá os vindeiros días 12 e 13 de abril o tradicional mercado das Palmas, co gallo da celebración, o día 14, do Domingo de Ramos.

O luns 1 de abril abriuse o prazo para que as persoas que queiran participar neste mercadillo presenten a súa solicitude. Deberán pasar pola oficina da Administración do Mercado, situada no primeiro andar, para recoller o formulario correspondente que despois terán que presentar no Rexistro do Concello. O prazo para presentar as solicitudes comezou onte 1 de abril.

Comparte!!!

Relacionados