Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

Non é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador…

Ver+

Xerardo Álvarez Limeses: Avogado, mestre, escritor e sogro de Alexandre Bóveda

Naceu en Pontevedra o 10 de decembro de 1871, e morreu na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940. Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública…

Ver+

Prensa Galega: “La Zarpa”

Foto: Bibliotecas de Galicia La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto. En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas…

Ver+

Enrique Rajoy: O avó de Mariano Rajoy

Portada Libro de Baldomero Cores, Enrique Rajoy Leloup. Un protagonista do autonomismo galego, Diputación de Pontevedra, 2006. Enrique Rajoy Leloup (Santiago de Compostela, A Coruña 1882 – 1966), Nado en Santiago de Compostela, e vencellado a Pontevedra pola súa familia paterna. Sendo moi novo, serviu como oficial do Concello de Conxo e posteriormente como secretario. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1910 e incorporouse ao colexio de avogados. Foi concelleiro de Santiago de Compostela, sendo elixido en 1931, no seo da coalición monárquica, e profesor de…

Ver+

Alexandre Bóveda: “Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República”

Foto: Wikipedia//  Placa en A Caeira, donde fusilaron a Bóveda No ano 1942 e en Bos Aires, a Irmandade Galega que impulsaba Castelao e que substituiría ao Partido Galeguista, declarou o 17 de Agosto Día da Galiza Mártir.   Escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado nesa data do  ano 1936 na Caeira(Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Alexandre Bóveda Iglesias, ( Ourense, 1903 – Pontevedra 1936) , foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do…

Ver+