Campañó inaugura Ponteandadas-2019. Pontevedra

Un roteiro circular de 12 quilómetros, e dificultade media-alta inaugura o vindeiro domingo 7 de abril a nova edición de Ponteandadas, unha iniciativa na que van da man a Concellería de Deportes e Naturgaliza Club. O punto de encontro para o arranque da andaina terá lugar na igrexa de San Pedro de Campañó, ás 10.00 horas. As persoas interesadas en sumarse a esta proposta deportiva están a tempo de inscribirse no enderezo electrónico ponteandadas@gmail.com o no teléfono 625482636. As inscricións poden facerse para cada unha das rutas da tempada ou…

Ver+

Ciclo de Andainas Familiares da man de Xeitura e o Concello de Allariz

A empresa alaricana Xeitura, de xestión do patrimonio cultural, en colaboración co Concello de Allariz presentou,  unha nova actividade familiar prevista para os meses de marzo, abril e maio. A proposta “Pequenos exploradores” busca compartir en familia ao tempo que se practica deporte no medio natural de Allariz, dando a coñecer e poñendo en valor os diferentes lugares patrimoniais a través de xogos naturais, a historia e a lenda. As rutas van dirixidas a familias con nenos e nenas de 5 anos en adiante. “Trátase dun ciclo de andainas familiares…

Ver+

V Andaina Montes e Praias. Marín

Este ano intentará chegar os quinientos participantes. Terá lugar o domingo 17 de marzo e xa se pode realizar a inscripción na páxina web www.galitiming.com ou presencialmente nas oficinas da AECC en Marín en horario de mañan. Na presentación estiveron os concelleiros de Turismo e Deportes, a presidenta local da AECC, un representante do Clube de Montaña Xesteiras e outra dos voluntarios da proba. Trátase dunha andaina que discurre nun 90% por camiños alonxados das estradas e que ten dúas modalidades, unha de 15 km apta para todos os públicos e outra mais dura de 25km para todos…

Ver+

Chega PonteAndadas 2019 cun reto na carteira: Pontextrem (31 km) . Pontevedra

Actividade física e goce do patrimonio natural e cultural conxúganse en PonteAndadas, o ciclo de roteiros que promove a Concellería de Deportes da man de Naturgaliza Club e que nesta ocasión incorpora charlas-debate sobre saúde e unha andaina-extrem, de 31 quilómetros que nace para seren un referente desta modalidade e un reclamo para atraer xente de fóra. Esta proba extrem percorrerá o perímetro de Pontevedra e para a xente con menor preparación física haberá un circuíto de 16 quilómetros. A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro presentou PonteAndadas-2019 convidando á participación…

Ver+

Roteiro urbano por Ourense cidade

Roteiro urbano ou paseo por Ourense cidade, percorrendo os seus principais lugares emblemáticos. Partindo das famosas Burgas, encamiñarémosnos á Praza Maior. Desde o corazón de Ourense, camiñaremos polas súas rúas, prazas, Igrexas e, por suposto, a Catedral de Ourense. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR ROTEIRO

Ver+

Roteiro pola Ribeira Sacra (Ourense- Lugo)

Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas: Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala. Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”. ¬CLICK AQUÍ PARA VER OU DESCARGAR O ROTEIRO

Ver+

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

Publicado 28 de maio 2017 A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998 e dende entón a súa popularidade non parou de medrar. “50 kilómetros en 12 horas” é unha iniciativa coa que se pretende familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademais de potenciar e dinamizar…

Ver+

Camiño Real Ou Ruta Dos Arrieiros – Ponte Caldelas

→Punto de partida/chegada: Comeza na parroquia de Forzáns (Ponte Caldelas) e remata na parroquia de Marcón (Pontevedra). →Lonxitude: Ruta lineal de 18 kilómetros. →Modalidade: Pode realizarse tanto a pé, como a cabalo ou en bicicleta →Duración: 5 horas e media a pé, 5 horas a cabalo e catro e media en caso de facelo en bicicleta. →Dificultade:Baixa, ainda que debe terse en conta que unha parte importante do trazado discurre por asfalto. ¬VER PDF INFO ROTEIRO ¬VER PLANO

Ver+