Teatro, Música e Humor. Esta semana no Auditorio de Ourense

MALO SERÁ! Xoves 7 de febreiro, 20:30 horas. Auditorio. Entradas desde 10 euros. Un programa de humor gravado nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Malo será! quere facernos rir cunha sucesión de sketches sobre temas universais mesturados con chiscadelas ás distintas localidades onde actúa, e protagonizados por un elenco de actores e actrices galegas recoñecidos polas súas actuacións en programas televisivos e conducidos por Marta Doviro. Unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía completan os argumentos dunha oportunidade única para achegar a televisión e o humor.…

Ver+

Concerto Solidario, música para bebés e danza para todos, esta fin de semana. Ourense

O Auditorio Municipal vivirá unha intensa fin de semana con actividades dirixidas ao público máis novo da cidade e coa celebración do X Concerto Solidario que organiza a ONG Manos Unidas, este venres 1 ás 20:00 horas. A venda de entradas, a 5€, será destinada integramente a equipar un laboratorio médico nun centro de saúde da India, e contará coa participación da Real Banda da Deputación de Ourense, Emilio Rúa, e diferentes músicos e asociacións de danza da cidade. A organización dispón, tamén, unha fila cero para todos os interesados…

Ver+

Talento ourensán por partida dobre na programación do Auditorio para a fin de semana: Luís Cepeda e Tito Asorey

O Auditorio de Ourense amosa o talento de dous autores da nosa cidade, o do músico Luís Cepeda e o do dramaturgo Tito Asorey. En ambos casos, por partida dobre, xa que haberá dous pases dos respectivos espectáculos. As entradas están á venda en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes de cada función. Cepeda: xira Principios Con todas as localidades esgotadas para o primeiro concerto (o do venres 25 ás 21:30 horas), Luís Cepeda repite o sábado 26 ás 21:30 horas co recital da xira Principios. Entradas á…

Ver+