Venres día 17 de maio ; unha das películas máis fermosas desta tempada, a xaponesa Un asunto de familia, de Hirokazu Koreeda. Obtivo a Palma de Ouro á Mellor película no pasado Festival de Cannes, foi nominada aos premios Oscar deste ano e un sinfín de premios e nominaciones máis que dan conta da súa calidade. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. Domingo día 19; remata o ciclo do 50 aniversario cunha obra mestra da década dos 2000, 21 gramos. Considerada por moitos como a mellor película…
Ver+Etiqueta: Auditorio Manuel María (O Carballiño)
Actividades polo 50 aniversario do Cineclube Carballiño
Haberá unha programación especial co motivo da celebración do 50 aniversario. O xoves día 2 de maio empezarán os actos na libraría Escolma ás 20.15 horas coa proxección do documental Vigo 1972, que estará presentado polo seu produtor Emilio J. Fernández. A entrada será libre ata completar aforo. Ao día seguinte, 3 de maio, haberá as sesións habituais en venres no Auditorio municipal Manuel María, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. Neste caso unha das mellores películas do ano, Cafarnaum, da directora Nadine Labaki. Nominada á mellor película de fala non inglesa nos Oscar e nos Globos…
Ver+Programación restante mes de abril e mes de maio. Cineclube Carballiño
26 de abril, 3 de maio, 17 de maio, 19 de maio, 24 de maio e 31 de maio ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA +INFO DO CINECLUBE CLICK AQUÍ
Ver+Proxección ‘ Secretos e mentiras’. Cineclube Carballiño
14 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María ás 19:00 horas Unha das películas do ciclo dos nosos 50 anos, a da década dos 90, Secretos e mentiras, do director británico Mike Leigh. Gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, 5 nominacións aos premios Oscar, 3 nos Globos de Ouro, Goya á Mellor película europea…toda unha maravilla de película chea de sentimentos e emocións. +INFO CLICK AQUÍ
Ver+Proxección ‘Infiltrado en el KKKlan’. Cineclube Carballiño
12 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. Última película do director norteamericano Spike Lee, Infiltrado en el KKKlan, gañadora do Gran Premio del Jurado no Festival de Cannes e do Oscar ao mellor Guión adaptado. Baseada en feitos reais, narra en tono de comedia o racismo dos anos 70 no USA. +INFO CLICK AQUÍ
Ver+Proxección ‘Todos lo saben’. Cineclube Carballiño
Venres día 5 no Auditorio Municipal Manuel María ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS Unha película de Asghar Farhadi, gañador de dous premios Oscar, Todos lo saben. A película conta cunhas excelentes interpretacións de Javier Bardem, Penélope Cruz e Ricardo Darín. ¬+INFO CLICK AQUÍ
Ver+Proxección ‘La mujer de la montaña’. Cineclube Carballiño
29 de marzo 20:00 e 22:30 horas no Auditorio Municipal do Carballiño Unha estupenda comedia islandesa, La mujer de la montaña, que colleitou de xeito unánime unhas excelentes críticas así como o favor do público. Premio do público no Festival de Sevilla, a súa protagonista gañou o Premio á Mellor actriz no Festival de Valladolid, ademais de estar nominada nos premios do Cine europeo. Neste caso temos ademais o aliciente de que os subtítulos son en galego. Os dous pases, 20:00 e 22:30 horas serán en VOS . +INFO CLICK AQUÍ
Ver+Proxección ‘Isla de Perros’. Cineclube Carballiño
Venres día 22 de marzo Proxección ‘Isla de Perros’ Animación coa que obtivo o Premio ao Mellor Director no pasado Festival de Berlín. A película estivo nominada como Mellor película de animación nos premios Oscar e Globos de Ouro, onde tamén estivo nominada pola súa banda sonora. Os pases serán coma sempre ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. +INFO CLICK AQUÍ
Ver+Proxección ‘Las guardianas’. Cineclube Carballiño
Venres día 15 de marzo proxección da película francesa Las guardianas. Dirixida por Xavier Beauvois e protagonizada por Nathalie Baye e Iris Bry. A historia está ambientada durante a primeira guerra mundial, cando os homes están na fronte e son as mulleres as encargadas de sacar o traballo adiante no campo. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. No Auditorio Municipal Manuel María ¬PARA SABER MÁIS CLICK AQUÍ
Ver+Ciclo de cinema ‘DiversXs’. Cineclube Carballiño
Este próximo día 7 de marzo, xoves, comenza no auditorio Manuel María do Carballiño un ciclo sobre Cine e diversidade sexual, DiversXs, composto por tres películas. O xoves día 7 ás 20:30 horas comenzaremos coa película galega Nove de novembro, dirixida por Lázaro Louzao. O venres día 8 teremos a película belga Girl, excelente ópera prima de Lukas Dhont, nominada nos premios Goya a Mellor película europea, nos césar a Mellor película estranxeira, Premio do público á mellor película europea no pasado Festival de San Sebastián, nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa….un sinfín…
Ver+Domingo no Auditorio do Carballiño. Contacontos musicais
3 de marzo ás 12 no Auditorio Esta actividade, que se desenvolve en colaboración coa Rede de Teatros e Auditorios, e Agadic, ten as prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse na área municipal de Cultura.
Ver+