Foto: Municipio de Barcelos Unha delegación de Barcelos (Portugal), coa vicepresidenta da Cámara municipal, Armandina Soleiro, ao fronte achegouse a Pontevedra para dar a coñecer e convidar aos pontevedreses e pontevedresas á “Festa das Cruzes”, a primeira gran romaría do Minho que terá lugar do 25 de abril ao 3 de maio nesta localidade portuguesa. O evento, que ten a súa orixe no século XVI, mistura hoxe en día cultura, folclore, gastronomía e relixiosidade. Grupos folclóricos fixeron un percorrido polas rúas da cidade amosando “un anaquiño de Barcelos” ao seu…
Ver+