Prensa Galega: “La Zarpa”

Foto: Bibliotecas de Galicia La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Antonio Rey Soto. En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas…

Ver+