“Entre dúas augas”: Conferencia “As mulleres na década 1930-1940”

A Casa das Campás acollerá o vindeiro martes 14 de maio, ás 19.30 horas, a conferencia “As mulleres na década 1930-1940: da liberdade á prisión” de Aurora Marco. É unha conferencia organizada polo Arquivo Municipal de Pontevedra como actividade complementaria da mostra “Entre dúas augas”, un percorrido pola historia e a vida cotiá da Pontevedra de 1930 a 1940 que se pode ver na sala de exposicións do Pazo da Cultura, até o 7 de xullo. +INFO EXPOSICIÓN “ENTRE DÚAS AUGAS“

Ver+

11 de febreiro, ‘Día Internacional da Muller e a nena na ciencia’ . Pontevedra

Deseñada xunto a plataforma GCiencia, conta coa colaboración de 5 recoñecidas científicas galegas A astrofísica da NASA, Begoña Vila realizará dende Washington unha videoconferencia con escolares. A concelleira de Igualdade, Carme Fouces, presentou esta mañá o programa que se levará a cabo o luns 11 de febreiro para festexar o ‘Día Internacional da Muller e a nena na ciencia’ en colaboración coa plataforma dixital de divulgación científica GCiencia. A xornada contará coa presenza a través de videoconferecia da astrofísica da NASA, Begoña Vila, nunha actividade principalmente destinada a escolares de…

Ver+