No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa-Museo en 1972. A Fundación, que continúa o labor do Padroado, é a actual propietaria. Neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura…
Ver+