Colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro coa Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Fundación Celso Emilio Ferreiro, da man de Luís Ferreiro, fixo entrega esta semana ó presidente da Fundación Curros Enríquez de sete exemplares numerados da edición non venal do poema “Miña matria galega” de Celso Emilio dentro do clima de colaboración entre ambas entidades. “Miña matria galega” foi o poema galardoado co premio Rosalía na modalidade de Canto a Muller Galega nos Xogos Florais do Idioma Galego de Bós Aires en 1968. Esta versión foi publicada pola Editorial “NOS” de Bós Aires en 1969. Transmitimos o agradecemento da Fundación Curros…

Ver+

Mostra de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Celanova

A Casa dos Poetas acolle desde o 26 de marzo ata o 31 de maio unha exposición de Poesía Visual. Trátase de vinte traballos froito do obradoiro impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro en Celanova.  Os seis participantes deste taller elaboraron en primeiro lugar ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos. Nunha segunda sesión traballaron en grupo o retoque dixital das imaxes para despois complementalos con textos dos poetas de Celanova, como son Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Unha mostra, polo tanto colectiva tamén na…

Ver+

“Eu en ti”; de Celso Emilio Ferreiro por Abe Rabade e Salvador Sobral

Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos,…

Ver+

As Meigas de Cangas e a Inquisición: María Soliña

Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta “bruxería”. Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case…

Ver+