O Concello acondicionará o acceso e a parcela na que se sitúa o Centro de Interpretación da Auga nas instalacións do depósito regulador de abastecemento de Pontevedra, situado no Cimbelo, parroquia de Lérez. Esta inversión terá un custe de 280.097,65 euros e farase con cargo ás melloras do novo contrato do ciclo da auga que desenvolve a empresa Viaqua. Na actualidade este centro de interpretación dispón de moi difícil acceso dende a estrada ao Castelo, na parroquia de Lérez. A intención é melloralo ampliándoo, creando ramplas e tamén escaleiras en…
Ver+