Proxección ‘La mujer de la montaña’. Cineclube Carballiño

 29 de marzo 20:00 e 22:30 horas no Auditorio Municipal do Carballiño Unha estupenda comedia islandesa, La mujer de la montaña, que colleitou  de xeito unánime unhas excelentes críticas así como o favor do público. Premio do público no Festival de Sevilla, a súa protagonista gañou o Premio á Mellor actriz no Festival de Valladolid, ademais de estar nominada nos premios do Cine europeo. Neste caso temos ademais o aliciente de que os subtítulos son  en galego. Os dous pases, 20:00 e 22:30 horas serán en VOS . +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección ‘Isla de Perros’. Cineclube Carballiño

Venres día 22 de marzo Proxección ‘Isla de Perros’ Animación coa que obtivo o Premio ao Mellor Director no pasado Festival de Berlín. A película estivo nominada como Mellor película de animación nos premios Oscar e  Globos de Ouro, onde tamén estivo nominada pola súa banda sonora. Os pases serán coma sempre ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección domingo día 17: ‘Cinema Paradiso’. Cineclube Carballiño

Domingo día 17  ás 19:00 horas Unha auténtica xoia, una desas películas que gusta, e moito, prácticamente a todo o mundo: Cinema paradiso. Será dentro do ciclo para conmemorar os 50 anos do cine club. Dirixida por Giuseppe Tornatore, obtivo multitude de premios: Globo de Ouro, Oscar a méllor película no 89, Palma de Ouro en Cannes ese mesmo ano…Unha película inolvidable e una moi boa ocasión para voltar a vela en pantalla grande. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección ‘Las guardianas’. Cineclube Carballiño

Venres día 15 de marzo proxección da película francesa Las guardianas. Dirixida por Xavier Beauvois e protagonizada por Nathalie Baye e Iris Bry. A historia está ambientada durante a primeira guerra mundial, cando os homes están na fronte e son as mulleres as encargadas de sacar o traballo adiante  no campo.  Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. No Auditorio Municipal Manuel María ¬PARA SABER MÁIS CLICK AQUÍ

Ver+

ARTE + MULLER + GALICIA. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

08 de marzo ás 19:00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel Co gallo do Día Internacional da Muller, proxéctase este documental dirixido por Rosario Sarmiento Despois da proxección haberá un coloquio onde intervendrán as artistas galegas : SOLEDAD PENALTA VICTORIA CARBALLO-CALERO ELVIRA CARREGADO ISABEL SEIDELL

Ver+

‘Ciclo de cine: Mulleres’. Sedes Afundación, Ourense e Pontevedra

O mes de marzo agasállanos cun irresistíbel atado de filmes que reivindica a muller. Co noso novo ciclo de cinema Mulleres elas xorden como protagonistas indiscutíbeis diante da cámara, enfiando historias comprometidas que deixan lugar á reflexión. Convidámoste a acomodarte nas dondas butacas das nosas sedes para coñeceres mulleres diversas, brillantes, valentes, rebeldes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida.  Entrada de balde ata encher capacidade FILMES La librería Isabel Coixet España 2017 113 min TP Nunha pequena vila da Inglaterra de 1959 unha moza decide, en contra da…

Ver+

Mércores de filmoteca. Programación marzo-abril, CICLO KENJI MIZOGUCHI. Cineclube Pontevedra

MÉRCORES 13 DE MARZO | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA CONTOS DA LÚA PÁLIDA Kenji Mizoguchi, 1953, 97 min., VOSE Xapón, século XVI. Genjuro é un oleiro que confía en facer cartos e mellorar a súa posición grazas á súa mestría coa arxila. Tobei, pola súa banda, soña con converterse nun gran samurai. As súas respectivas esposas, Miyagi e Ohama, tratan de frear a súa ambición mais, cando o poboado en que viven é afectado por unha guerra civil, Genjuro e Tobei emigran á cidade á procura de riqueza e sona,…

Ver+

Programación Marzo Cineclube Pontevedra

MARTES 12 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA O LIBRO DE IMAXES Jean-Luc Godard, 2018, 90 min., VOSG Idioma orixinal: Francés, inglés, árabe, italiano, alemán Filme subtitulado ao galego por Numax Coop. grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística Nada agás silencio. Nada agás unha canción revolucionaria. Unha historia en cinco capítulos, como os cinco dedos dunha man. O libro de imaxes é o último traballo de Jean-Luc Godard e foi merecedor da Palma de Ouro Especial en Cannes 2018. É ao tempo unha reflexión nostálxica e literaria, máis filosófica ca…

Ver+

Ciclo de cinema ‘DiversXs’. Cineclube Carballiño

Este próximo día 7 de marzo, xoves, comenza no auditorio Manuel María do Carballiño un ciclo sobre Cine e diversidade sexual, DiversXs, composto por tres películas. O xoves día 7 ás 20:30 horas comenzaremos coa película galega Nove de novembro, dirixida por Lázaro Louzao. O venres día 8 teremos a película belga Girl, excelente ópera prima de Lukas Dhont, nominada nos premios Goya a Mellor película europea, nos césar a Mellor película estranxeira, Premio do público á mellor película europea no pasado Festival de San Sebastián, nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa….un sinfín…

Ver+

Proxección ‘A Viaxe de Nisha’. Cineclube Bueu

O Centro Social do Mar acolle o 1 de marzo, ás 21.00 h, a proxección do filme A viaxe de Nisha, cunha cota de entrada de 2.00 € para socios/as e de 4.00 € para os non socios/as.   SINOPSE: Nisha, unha moza de 16 anos, vive en Noruega unha dobre vida.Na súa casa é a perfecta filla paquistaní, pero cando sae cos seus amigos convértese nunha rapaza occidental, acorde coa sociedade na que vive. Cando o seu pai a descobre co seu mozo no cuarto, os dous mundos chocan.…

Ver+

Proxección 1 de marzo: “En la sombra”. Cineclube Carballiño

Este venres día 1 de marzo proxectan a última película de Fatih Akin, director alemán de orixe turco. En la sombra Obtivo o Premio á Mellor película nos Globos de Ouro. Foi escollida tamén como Mellor película nos Premios do cine alemán. A súa  protagonista, Diane Kruger, foi premiada como Mellor actriz no Festival de Cannes. Sinopse A vida de Katja afúndese cando o seu marido e o seu fillo morren nun atentado con bomba. Tras o dó e a inxustiza, chegará o tempo da vinganza. Os pases serán ás 20:00 horas en versión…

Ver+