O Porto de Pontevedra

Foto: Portos de Galicia O porto de Pontevedra, situado no fondo da ría, na desembocadura do río Lérez, presenta unha dársena comercial e pesquera que é utilizada por embarcacións menores, e unha dársena deportiva que se acha magníficamente situada fronte ao casco urbán, no paseo fluvial, cun club náutico que proporciona os servizos correspondentes. Características Principais Prazas de amarre para embarcacións: 145 Entrada marítima Ao tratarse dun porto ubicado no centro da cidade, ás beiras do río Lérez, o seu acceso desde Marín está perfectamente sinalizado seguindo o curso do río,…

Ver+

Visitando Faro de Silleiro

A torre do Cabo Silleiro define a liña de costa entre As Cíes e A Guarda, no sur de Galicia. Desde a estrada C-550 pódense observar tanto o faro actual como o antigo. O faro novo está composto por unha torre branquivermella e o vello son as ruínas dun edificio de sillería. O antigo faro O antigo faro tiña unha soa planta de 168 metros cadrados, rectangular, igual que a súa base que estaba cimentada na roca. A torre, de granito, cun primeiro corpo cadrado e os dous últimos octogonales,…

Ver+

O Faro da Illa de Ons

No cume do monte Cucarno, o punto máis alto da illa máis grande do arquipélago, construíuse o faro de Ons, que se acendeu por primeira vez en abril de 1865. Un faro de 5º orde situada na parte máis elevada, a 22,5 metros da punta norte da illa, na embocadura da ría de Pontevedra. Funcionou durante trece anos cunha lámpada de aceite a émbolo que logo foi substituída por unha Maris para petróleo dunha mecha. O Plan para a Reforma da Iluminación de 1902 supuxo para unha gran cantidade de…

Ver+

O Faro da Illa de Sálvora

O faro de Sálvora está instalado nunha torre octogonal xunto a un edificio de mampostería, con forma de U. O seu alcance é de 21 millas e a súa luz é branca. Na actualidade o faro aliméntase de enerxía solar, xa que no espazo interior do edificio instaláronse paneis solares. Sálvora contou cunha pequena luz local desde o primeiro terzo do século XIX. Estaba situada no sur da illa, no saínte coñecido como Punta Besugueiros. Nese mesmo punto, alzouse logo o faro proxectado por Celedonio de Uribe, que constaba dun…

Ver+

O Faro das Illas Cíes

O faro das Illas Cíes, situado na punta máis alta da Illa de Medio, foi construído en 1853. Actualmente a lanterna de luz branca, situada sobre unha torre troncocrónica con dous corredores na parte superior, ten un alcance de 16 millas. Desde esta posición, o faro vixía a entrada á ría de Vigo, rodeado da beleza . Dise que a metade do século XIX, os axentes da Compañía Peninsular e Oriental de vapores ingleses do porto de Vigo viron a conveniencia de ilustrar cunhas luces as noites das Cíes para…

Ver+

Faro de Corrubedo en Ribeira

Aquí hai mares por todas as partes e tan distintos como para impor unhas curiosas formas á hora de administrar as súas fronteiras. Hai un mar antigo, convencional, clásico coas súas augas, correntes, espumas e mareas. E hai un mar de area estendido que parece inmóbil, aínda que non sexa esa a súa cualidade máis certa. A area deste horizonte móvese case á mesma velocidade con que lle crecen as uñas ao ser humano cunha saúde normal: medio metro ao ano. É unha masa de area viva entre os ventos…

Ver+

A Familia Churruchaos

Os Churruchaos foron unha desas familias nobres galegas, con máis poder e posesións  no reino de Galicia, alá polo século XIV. O seu nome deriva ao parecer de “Torrechanos”, a orixe desta familia estaba en Santiago de Compostela. O Castelo da Rocha Forte, tamén coñecido como Castelo dos Churruchaos, é un xacemento arqueolóxico no que se atopa en proceso de escavación uno dos castelos medievais máis emblemáticos da mitra compostelá, e no que se constata un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 até 1467, ano no que foi…

Ver+

O último lugar de repouso: O Cemiterio de San Amaro de Pontevedra

Foto: Wikipedia/ Estevoaei O cemiterio municipal de San Amaro (o San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. San Amaro é un cemiterio decimonónico e neoclásico, construído hai máis de 130 anos e proxectado polo arquitecto Rodríguez-Sesmero en 1879, figura clave da Restauración en Pontevedra e inaugurado o 29 de setembro de 1882. Foto: Wikipedia/ Estevoaei Na foto o sepulcro de Muruais   Algúns persoeiros enterrados no camposanto: Fernando Sarabia(1781–1849), militar e político. Andrés Muruais(1851–1882), escritor e xornalista. Indalecio Armesto(1838–1890), escritor, xornalista, xurista, filósofo e político. Jesús Muruais(1852–1903), escritor…

Ver+

O Palacete das Mendoza en Pontevedra : A casa de “Los gozos y las sombras”

Este edificio emblemático, situado na zona vella de Pontevedra, alberga actualmente a sede de Turismo Rías Baixas. É un centro de atención e información ó turista, no que se desenvolven periodicamente numerosos actos de benvida, roldas de prensa e presentacións relacionadas con este sector. Antes da súa construción levantábase no lugar o castelo medieval dos arcebispos de Santiago (ou dos Churruchaos). Tras o asalto inglés, que tivo lugar en 1719, polo intento español de axudar a Bretaña, unicamente se conservaban dúas torres parcialmente danadas que se alzaban por riba da…

Ver+

Museo das Letras de Castro Caldelas (Ourense) e o primeiro texto escrito en galego

Recentemente abriuse na torre da homenaxe do castelo un espacio museístico coa relación destas terras coa lingua e literatura galega coma eixo. Este museo ocupa tres niveis adicados a tres épocas históricas distintas: O primeiro adicado á época medieval ten ao Foro do Bo Burgo coma estrela, coma primeiro texto escrito en galego e un dos documentos históricos máis importantes da época. Pero Viviaez foi un cabaleiro vilán que compuxo cantigas As escaleiras lévanos dun xeito simbólico ao Século XX, onde recollemos varias figuras: Vicente Risco, un dos autores máis recoñecidos e que…

Ver+

Meirande: O Centro de Interpretación da Batalla de Rande

Museo da Batalla de Rande e  patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande. Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira. Durante a Segunda Guerra Mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé. A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da…

Ver+