A Pedra na Nosa Cultura

Se hai algo que predomina e chama a atención ao visitante en Galicia é precisamente a pedra, na Natureza nos nosos montes, nas casas e muros das nosas aldeas, nas nosas ermidas e igrexas, nas nosas cidades, nas nosas edificacións en xeral. A pedra é en multitude de culturas a representación de fortaleza, firmeza e permanencia case eterna. Pero en Galicia ademais a pedra segundo a súa forma, disposición e localización posúe diferentes significados. Debemos remontarnos á “época da cultura dos castros”, e aos petróglifos, moi abundantes sobre todo na…

Ver+

Romaría de San Cibrán (Luns de Pascua)

Foto: Adrián Estévez (Estevoaei)– Wikipedia Romaría de gran tradición en Pontevedra. Ese día os pontevedreses e os veciños da zona, soben andando polo monte ata a ermida, e como non podía ser menos acompañados de música en forma de cancións populares e gaiteiros, e de viandas como empanadas e outros produtos gastronómicos típicos. A tradición tamén di que hai que ahuyentar o mal de ollo, así que se bendirán os ramos de flores, de arbustos ou herbas que portan os visitantes, esta bendición terá validez por un ano, e levaranse…

Ver+

Hotel Monumento Mosteiro De San Clodio – Leiro (Ourense)

Fundado como mosteiro  no 928, adscribiuse á reforma cisterciense no 1225 e foi incorporado á congregación de Castela no 1536. Coa desamortización pasou a ser cuartel militar e en 1891 instalouse unha comunidade benedictina de Samos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1982 e actualmente alberga un hotel de catro estrelas. A variedade de estilos, dende o románico ao barroco, configuran un monumento singular. CATEGORÍA: 4 ESTRELAS Número de habitaciones: 25 habitaciones. UBICACIÓN:San Clodio s/n 32420 Ourense Leiro (Ourense) Teléfono:(0034) 988485601 E Mail: reservas@monasteriodesanclodio.com Páxina Web: http://www.monasteriodesanclodio.com/ Un monasterio cisterciense do século XII maxistralmente…

Ver+

Capela da Carballeira de San Xusto – Cotobade (Pontevedra)

A pequena ermida conserva o presbiterio cuberto, do século XV/XVI, con bóveda de nervaduras. Remata en cúpula central dun só van. Ten un pequeño adro pechado por muro baixo que quizais fora en orixe ao que se lle engadiu recentemente un crecemento en altura transformándose nun pórtico de acceso sobre columnas con tellado a tres augas. Neste soportal ábrese o acceso principal, porta alintelada enmarcada por pilastras caixeadas que rematan en liña de imposta, e dous pequenos vaos enreixados sobre os que se sitúa o lintel con inscrición de ampla…

Ver+

Mosteiro Parador De Santo Estevo De Ribas De Sil

Foto: Wkipedia/  José Antonio Gil Martínez Antigo mosteiro benedictino situado na comarca de Ourense, ó norte do municipio de Nogueira de Ramuín, na ladeira meridional do río Sil. Aínda que se atribuíu a súa fundación a San Martín Dumiense no século VI, a primeira documentación conservada é un privilexio de Ordoño II do ano 921; nel autoriza ao abad Franquila a reconstruír o mosteiro, concedéndolle numerosas posesións. Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI…

Ver+

A Ribeira Sacra , delicia e recollemento no Sil

É unha zona fascinante da Galicia interior,  que sen dúbida é unha área turística de primeiro nivel. Na actualidade, xa é un destino elixido  por quen desexan gozar dunha paisaxe en estado puro. “A estrela” e “socio” constante deste traxecto é o río Sil, un caudaloso e longo río de 225 km de percorrido, que nace na provincia de León e que converxe co Miño algo máis abaixo do encoro de Os Peares. O Sil xa  interesou no seu momento aos romanos que buscaron pebidas de ouro na súa canle, cousa…

Ver+

A Igrexa da Virxe da Peregrina de Pontevedra

Atópase no corazón de Pontevedra, de feito, a praza onde está situada do mesmo nome, é considerada o centro do centro da cidade de Pontevedra, e punto de encontro para os pontevedreses. Dedicado á patroa da provincia de Pontevedra e patroa do Camiño Portugués de Santiago; e é sen dúbida, unha das edificacións máis recoñecidas e representativas da capital das Rías Baixas. Construída en 1778, acolle no seu interior á imaxe da Vírgen da Peregrina. É de estilo barroco con formas neoclásicas. A súa planta é famosa por ter forma…

Ver+

A Catedral de Ourense

Foto©Porgaliciabaixo Dedicado a San Martín de Tours, ou como se lle chama en Ourense cariñosamente, San Martiño. Edificada entre os séculos XII e XIII. Foi declarada Monumento Historico Artístico no ano 1931, ademáis de ser considerada BIC (Ben de Interese Cultural). Pertence a un estilo que se considera románico tardío (tardorománico), con influencia cistercense na súa arquitectura, e “mateano” (Mestre Mateo), na vertente escultórica. Orixinariamente a catedral constaba de tres naves con transepto (1) e cabeceira de tres ábsides. Esta última parte sufriu transformacións e polo tanto, modificarase cando se…

Ver+

O Mosteiro que se rebelou contra a vontade de Pedro Madruga: San Pedro de Tenorio

Foto: Wikipedia / Estevoaei Este Mosteiro medieval atópase na poboación do concello Cerdedo – Cotodabe de Tenorio. Se nos mergullamos nas súas orixes teremos que viaxar ata o s.X, onde é nomeado no ano 1703 en documentos do Mosteiro de San Salvador de Lérez., e no que abade de Tenorio aparece como confirmatorio. No s. XV, Pedro Madruga nomeou un novo abade , cambiando ao que había en Tenorio, por un monxe do mosteiro de Lérez, o que causa o abandono do mosteiro por parte dos monxes, que non acataron o nomeamento.  …

Ver+

Santuario e Historia de “ San Campio de Lonxe” – Tomiño (Pontevedra)

Foto Santuario: Concello de Tomiño O Santuario San Campio de Lonxe é un lugar onde rende culto a San Campio, situado en Figueiró, Tomiño (Pontevedra) Este santuario é protagonista dunha importante e tradicional romaría que venera ao soldado romano san Campio, protector dos soldados mozos e intermediario na curación de diversas enfermidades, segundo a tradición popular. Será erguida no ano 1804 sobre unha antiga capela en honor a santo Antón de Padua, para dar cabida aos numerosos “romeiros” que acudían todos os anos a venerar o santo. A influencia portuguesa na…

Ver+

Mosteiro De Santa Clara (Allariz – Ourense)

Foto©Porgaliciabaixo É un dos claustros maiores de España, con tres mil trescentos sesenta metros cadrados de patio e setenta e dous arcos. Atópase na bonita localidade de Allariz, é unha das zonas máis coñecidas do pobo, no chamado “campo de Santa Clara”. Empezou a construírse no s.XIII e XIV, evolucionando e crecendo ata que parece que a súa actividade se retarda un pouco no s.XV, sendo o s.XVI unha época de revitalización con importantes reformas e ampliacións. A súa igrexa é barroca, e o seu interior, en xeral, austero. A…

Ver+