Os Maios, desfile dos Entroidos de Galicia, música galega e jazz para a fin de semana en Ourense

– O venres, ás 23:00 horas a Praza de Santa Eufemia acollerá o concerto de balde do XXIII Festival de Jazz Primavera 2019, a cargo da banda The Blues Giants – O sábado pola mañá, as rúas do centro da cidade acollerán, por vez primeira, un desfile que contará coa participación de máis de 400 persoas, en representación de 11 dos entroidos máis representativos de Galicia – As actividades dos Maios comezarán o domingo, a partir das 11:00 horas, na rúa do Paseo, onde a festa estenderase até as 19:00…

Ver+

Nova Monografía e Xornadas sobre o Entroido

Imaxe: https://www.imosver.com/es/libro/antroidos-e-mascaras-na-galiza-rural_0010230307 O xornal Sermos Galiza edita «De Nós». Monografías con perspectiva galega. A número catro, saída o mes pasado, leva por título Antroidos e mascaras na Galiza rural. Este traballo, a cargo de Alfonso García Santos, supón unha atractiva publicación tanto no formato do libro, como no tocante ao seu contido para achegarnos a unha das celebracións máis variadas e singulares que temos, tinxida de rituais ancestrais. O Entroido galego posúe leis propias. Os seus variados ritos son cousa moi seria alí onde se producen. Os elementos que compoñen…

Ver+

VII Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Pontevedra

Chega unha nova edición das Xornadas sobre o Entroido de Galiza, e xa van sete. Organizadas da man pola Sociedade Antropolóxica Galega e a Concellería de Festas , hoxe en día son o foro de referencia no país en canto a divulgación do entroido galego. As xornadas celebraranse no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) os 15 e 16 de marzo, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Ao igual que nas últimas edicións, o foro ábrese aos entroidos de Portugal e nesta ocasión contarase coa presenza da socióloga…

Ver+

Bueu celebrou este domingo o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro

Participaron máis dunha vintena de grupos. Así, tras o desfile e a posterior queima do paxaro na Banda do Río (o cal foi elaborado polo ilustrador local Marc Taeger), o xurado foi o encargado de anunciar os premios: na categoría das comparsas de Bueu. O 1º premio, dotado con 100 € foi para “Asociación As Faltriqueiras” e o 2º, de 50 € para “Os do Pinsel”; nas agrupacións de máis de quince compoñentes, “Viaxeiros no tempo” fíxose co primeiro posto de 250 €, “El oeste de los Monpitunis” co 2º…

Ver+

O Concello de Ourense apraza o Enterro da Sardiña ata o sábado ás 20:00 horas

O Enterro da Sardiña será este sábado, 9 de marzo, ás 20:00 horas. Co obxectivo de garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento deste acto e ante as previsións de intensas choivas en torno ás 20:00 horas, cando estaba previsto o seu inicio, o Concello de Ourense trasladou o último acto das Festas do Entroido para a fin de semana. Así, a concentración do cortexo fúnebre que acompañará a Sardiña ao longo do percorrido terá lugar o sábado, 9 de marzo, a partir das 20:00 horas. A procesión manterá a…

Ver+

Bueu continúa coa celebración do Entroido

O pasado sábado, 2 de marzo, o Concello de Bueu organizou, entre outros eventos, un concurso de disfraces para adultos na carpa da Praza Massó. Foi unha noite de festa amenizada pola Discocleta, e na que resultaron gañadores/as: na categoría de grupo, o primeiro premio foi para os “Africanos Zulús” e o 2º para “Manolo e Concha”, mentres que na modalidade individual, o 1º recaeu en “A marquesa das alfombras” e o 2º en “Carneiro”. Os premios consistiron en vales de compra para o comercio local, para o que se…

Ver+

Premiados Entroido 2019. Ourense

Comparsas con menos de 10 compoñentes:   1.- Noticieiro da Ribeira Sacra (400€) 2.- Modas Primavera (300€) 3.- Picos e Plumas (200€)   Comparsas con máis de 10 compoñentes:   1.- Paseo por el palacio (900€) 2.- As estrelas da noite (700€) 3.- Azucarados de Maside (500€)     Premio especial á comparsa máis numerosa: Érase una vez la fantasía de los cuentos (300€)   Premio especial á comparsa máis ocorrente ou graciosa: Os San Fermín do Bentxo (300€)   Premio especial á comparsa co mellor deseño: Érase unha vez o teatro (300€)   Premio…

Ver+

Once grupos dispútanse dende o luns o XXVIII Concurso de Murgas. Pontevedra

O Pazo da Cultura acollerá esta semana o XXVIII Concurso de Murgas de Pontevedra. A primeira eliminatoria será este luns, 4 de marzo, a partir das 21.00 horas. A segunda será o mércores á mesma hora. E a final o xoves, en igual cita. Os grupos que concursarán nesta gala son: Luns Mércores Los de Soremay Os Arrumbados Os de Noalla PTV. Made in China Os do Val do Lérez. O Clan de Valle Inclán Sin barreras Equipo Ja Jana de Leria Leña verde A tropa da Moncha a Caralla…

Ver+

A Historia De Ravachol

A orixe deste papagaio non se sabe moi ben de certo de onde vén; hai unha teoría que conta que quizá procede do director da banda de música Martín Fayes do Rexemento de Infantería que se atopaba entón en Gullarei (Tui), e que era ademais moi amigo do boticario Don Perfecto Feijoo, dono de Ravachol. Segundo sostén Filgueira Valverde, é moi posible que sexa descendente dos papagaios que viñan nun barco de América en 1702 e que naufragou na zona da Ponte de Rande e que saíron voando colonizando os…

Ver+

Chega o Entroido a Vilagarcía e tamén a Carril e Vilaxoán

A visita anual de Don Carnal está a piques de comezar, e para recibilo, Concello e colectivos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril organizaron unha completa programación de actos festivos. Disfraces, comparsas, bailes e Enterros da Sardiña tomarán as rúas das tres localidades para celebrar a festa máis alegre e transgresora do ano. Os actos desenvolveranse entre o sábado de Entroido, 2 de marzo, e o domingo de Piñata, o 10 de marzo. A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía organiza os eventos centrais e máis multitudinarios. O primeiro, o…

Ver+