Entroido, Domingo de Piñata en Carballedo. Concello de Cerdedo – Cotobade

Domingo de Piñata. 10 de marzo Desfile desde a Praza do Concello , sede Carballedo, ata o pavillón de deportes. Animación, inchables, concurso de disfraces e ao rematar degustación gratuíta de postres de entroido.

Ver+

Chega o Entroido a Pontevedra, co Rei Urco e o pregón dos Solfamidas

A recepción do alcalde Miguel Fernández Lores ao rei Urco na praza da Ferrería e o pregón da comparsa Os Sulfamidas marcarán o venres, 1 de marzo, a partir das 21.00 horas o arranque do Entroido-2019. A festa e a retranca ocuparán as prazas e rúas da cidade durante unha semana deixando claro que se hai que pasalo ben, pasarémolo. Xusto antes da chegada da comitiva do rei Urco haberá unha degustación de filloas na praza. O rei Urco chegará acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños…

Ver+

Todo a punto para gozar do Entroido de Bueu

O Concello de Bueu arranca o mes de marzo cunha intensa programación de Entroido, na que poderán participar pequen@s e maiores. Así, este venres o ilustrador local Marc Taeger impartirá un obradoiro para a decoración da carpa da Praza Massó a partir das cinco da tarde, dirixido a persoas de todas as idades. O sábado, o día empezará ás 12.30 h coa sesión vermú das comparsas na carpa, e pola tarde, a rapazada poderá gozar dun baile e concurso de disfraces infantil ás 17 h. Á mesma hora, está programado…

Ver+

Programa Entroido e Bases dos concursos. Poio

PROGRAMA Concursan: INDIVIDUAIS, PARELLAS, GRUPOS (minimo de 5 persoas) e COMPARSAS (mínimo 30 persoas e música propia). Inscricións na oficinas municipais do 21 áta ás 14:00 h do 28 de febreiro (ambos incluídos). Os Individuais e parellas tamén poderán inscribirse o propio día no lugar de saída. PERCORRIDO [MAPA] Punto encontro: Pazo Besada . Avda. Andurique, 1 ( San Salvador). Percorrido: PO-308. Saída dende Avda. Porteliña, Avda. Encoirados, Avda. San Xoán. Punto de chegada: Avda. San Xoán 20 ( San Xoán).   Entrega de premios: A Seca. A partir dás…

Ver+

Exposición fotográfica ´Potiños sobre o Entroido Ribeirao’. O Carballiño

Dezaséis fotografías de integrantes da Asociación Fotográfica O´Potiños sobre o Entroido Ribeirao, conforman unha mostra que se abriu  no concello e que permenecerá ata o remate do entroido e da Festa da Cachucha, o 10 de marzo. Esta exposición, que poderá visitarse de luns a sábado, complementa a programación cultural do Entroido e da Festa da Cachucha no Carballiño, que comezará oficialmente o venres 1 de marzo coa Ruta das Tapas e a Festa Vaqueira de disfraces, e que, tras sete días de actividades, culminará o domingo 10 de marzo…

Ver+

Aberta a tenda oficial do Entroido 2019. Verín

O Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos. Na tenda, que abrirá en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, veciños e visitantes poderán adquirir sudaderas, camisetas, panos, bragas, cuncas e chapas; todos eles, co emblema identificativo do Entroido de Verín 2019.

Ver+