A Lamprea: Única e inigualable

Posiblemente moitos dirán que non hai un produto en Galicia máis singular. Outros moitos afirmarán que non hai produto máis exquisito, que é un prato digno de deuses. Outros dubidarán se fincarlle o dente ou non… Pero o certo é que para opinar, hai que probala! A lamprea é un peixe azul moi primitivo que xa habitaba os ríos e mares da Terra hai máis de 400 millóns de anos. Ten forma de anguía e o seu trazo máis identificativo é a súa boca e a súa forma de alimentarse:…

Ver+

A Festa da Lamprea de Arbo, declarada festa de Interese Turístico Nacional

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa Secretaria Territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, presentou esta mañá na delegación territorial da Xunta en Pontevedra a LVI edición da Festa da Lamprea. A responsable de Turismo da Xunta iniciou a súa intervención anunciando que a Festa da Lamprea acadou a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional o cal asegurou é “unha gran noticia para toda Galicia”, ao sumar xa a nosa comunidade un total de once festas que contan…

Ver+