Encontro das persoas que fixeron posible a mostra ‘Poesía Visual’. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu un encontro entre varios dos participantes do obradoiro de poesía visual impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro na Casa dos Poetas e representantes da Fundación Curros Enríquez. O resultados son 20 composicións que se complementaron con textos dos poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro e que ainda se poden ver ata finais do  mes de maio na sede da Fundación Curros Enríquez de martes a sábado de 10:30-14:00 e de 16:00-18:00 situada na rúa Curros Enríquez número 37. Tras…

Ver+

Colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro coa Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Fundación Celso Emilio Ferreiro, da man de Luís Ferreiro, fixo entrega esta semana ó presidente da Fundación Curros Enríquez de sete exemplares numerados da edición non venal do poema “Miña matria galega” de Celso Emilio dentro do clima de colaboración entre ambas entidades. “Miña matria galega” foi o poema galardoado co premio Rosalía na modalidade de Canto a Muller Galega nos Xogos Florais do Idioma Galego de Bós Aires en 1968. Esta versión foi publicada pola Editorial “NOS” de Bós Aires en 1969. Transmitimos o agradecemento da Fundación Curros…

Ver+