O patrimonio literario e musical segue a consolidarse como un gran atractivo para os visitantes de Celanova

Foto: Visita á Casa dos Poetas da Asociación cultural Bidueiro de Vigo. O balance de actividade da Fundación Curros Enríquez durante o ano 2018 finalizou un ano máis cun resultado en crecemento das persoas atendidas polo persoal desta fundación nas distintas actividades de carácter cultural e turístico que esta entidade ofrece a veciños e visitantes. O resultado concreto foi de 13.616 persoas atendidas, cifra que responde á suma dos visitantes da Casa dos Poetas (casa familiar do poeta Manuel Curros Enríquez), dos visitantes da Torre da Homenaxe e da Cova…

Ver+

Obradoiro de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Casa dos Poetas acolle os sábados 9 e 16 de febreiro un “Obradoiro de poesía visual” impartido polo gravador Xosé Poldras. Cunha duración de dúas horas por xornada (16:30-18:30) traballarase a poesía dos escritores de Celanova en tres partes para acadar unha obra utilizando material de refugallo: – Proxeción de imaxes modelo para dar a coñecer a poesía visual a través de diversos autores, e debater sobre e a idea de metáfora aplicada a unha imaxe. – Elaboración de ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos con textos dos poetas…

Ver+

A Casa dos Poetas acolle unha mostra cos traballos do taller de ilustración impartido por katharina Ojea. Celanova

Ata finais do mes de xaneiro a Casa dos Poetas acolle unha mostra cos traballos realizados no Taller de Ilustración 2.0 impartido por Katharina Ojea no mes de agosto. Os traballos dos participantes, con idades comprendidas entre os 11 e 17 anos,  poderanse ver de martes a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 na rúa Curros Enríquez número 37 de Celanova. Trátase duns trinta traballos que dan mostra das xornada dedicadas ó traballo sobre a figura humana, realización de retratos, traballo de figuras animais, caricaturización e…

Ver+