A primeira publicación periódica publicada só en galego: O Tio Marcos d’a Portela

Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.// Foto: P.Lameiro O Tio Marcos d’a Portela, foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega. Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos co pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel…

Ver+

Editorial Céltiga

Foto: Wikipedia Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á poesía. Foi pechada na ditadura de Primo de Rivera en 1923. O equipo directivo estaba formado polo fundador e director Xaime Quintanilla Martínez, o secretario Fiz Álvarez do Castelo, o administrador Manoel Morgado e o xerente Ramón Villar Ponte. Contou como colaboradores cos personaxes máis representativos e máis comprometidos do momento coa defensa do galego como lingua de cultura:Vicente…

Ver+