150 intérpretes de entre 18 e 23 anos subirán, ao escenario do Auditorio Municipal. Ourense

Un total de 150 intérpretes de entre 18 e 23 anos subirán, este venres ás 20:30 horas, ao escenario do Auditorio Municipal. Todos estudantes dos Conservatorios Superiores de Música de Vigo e da Coruña, que se reúnen desde hoxe en Ourense para preparar un encontro orquestral e coral que se plasmará na realización de tres concertos, o primeiro deles na nosa cidade, antes de partir cara á Coruña, onde actuarán o sábado 23, e a Vigo, o domingo 24. “Será unha oportunidade para aprender e para gozar da música”, declarou…

Ver+

Un informe de Urbanismo dálle luz verde ao proxecto do cámping municipal de Untes. Ourense

Un informe da Concellería de Urbanismo avala favorablemente o proxecto técnico para o acondicionamento do cámping municipal de Untes, incluíndo a análise de viabilidade da área para autocaravanas, redactado polos arquitectos Alberto de Paula e Aurelio Outeiriño. Así o informou esta mañá a Concellería de Turismo e Termalismo na xunta de goberno local, “unha excelente noticia para o noso proxecto de cidade, pero tamén para dotar a Ourense dunhas infraestruturas axeitadas á nosa oferta termal e turística”, afirmaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Será unha zona singular no eido…

Ver+

O Concello acouta este xoves a Praza de San Marcial para a substitución e a colocación das 12 novas árbores. Ourense

O Concello de Ourense acoutará este xoves a contorna da Praza de San Marcial como paso previo á colocación das 12 novas árbores que devolverán a vida a un espazo verde que estaba moi degradado polo envellecemento das súas especies vexetais, un proxecto que conta cun orzamento de 15.000 euros. Trátase dunha medida preliminar para garantir a seguridade dos veciños de cara a substitución das árbores, que está prevista para o vindeiro luns, 4 de marzo. Pero os traballos comezarán antes, mañá venres 1 de marzo, coa poda das árbores…

Ver+

Benito Losada, fillo adoptivo da cidade. Ourense

O Concello de Ourense rendeulle esta  homenaxe a Benito Losada, fillo adoptivo da cidade, nun acto institucional no salón de plenos en presenza da Corporación municipal, familiares e amizades do que fora director da Casa da Xuventude e axente dinamizador cultural da cidade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entregoulle ao fillo, Anxo López o pergamiño co que o Concello recoñece a achega dun home “que quixo e soubo ser axente comprometido, vocacional e dinamizador da cultura na nosa cidade. Que ao longo dunha longa, constante e diversa traxectoria impulsou…

Ver+

Novo pliego para contratar a Banda Municipal de Música de Ourense

O novo pliego técnico para contratar a Banda de Música de Ourense, xa está redactado e listo para iniciar o procedemento de contratación. Trátase do terceiro procedemento administrativo que se realiza neste mandato municipal para contratar este servizo dun xeito acorde á legalidade vixente, logo de que os dous anteriores quedasen desertos: en 2016 só se presentara unha proposta que non cumpliu coa esixencia de acreditar a experiencia dos seus músicos; e ao no seguinte, en 2017, presentáronse tres propostas, das que unha non cumpriu os requisitos técnicos, outra non…

Ver+

Ourense asina en Madrid o protocolo para a súa participación na “Red de Destinos Turísticos Inteligentes”

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez asinou este mércores o protocolo que porá en funcionamento a “Red de Destinos Turísticos Inteligentes (Red DTI)”. Trátase dun proxecto promovido pola Secretaria de Estado de Turismo para transformar un sector no que cada día cobran máis peso as novas tecnoloxías e a interacción dos visitantes cos seus puntos de destino. O rexedor asistiu en Madrid á convocatoria da ministra de Industria, Comercio y Turismo, María Reyes Maroto, para constituír os órganos de goberno da Red DTI: a Comisión Plenaria e a Comisión Executiva.…

Ver+

O programa “Tertulias Literarias” fomentará o hábito de lectura na mocidade. Ourense

Medio milleiro de escolares e docentes participarán este ano no programa “Tertulias literarias”, que organiza o Concello de Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense. O alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira Belén Iglesias e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, presentaron esta mañá unha nova edición do programa, que inclúe dúas citas con obras literarias e coas súas autoras. A primeira, a tertulia en castelán, desenvolverase esta semana, de martes a xoves no Liceo, dedicada á obra “Mejor la ausencia”. A autora, Edurne Portela manterá un encontro cos escolares o…

Ver+

Ourense contará con baños adaptados para persoas ostomizadas no Auditorio e no pavillón

O Concello avanza no seu compromiso para que Ourense sexa a primeira cidade de España con baños públicos adaptados a persoas ostomizadas. Así llelo trasladou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aos representantes da Asociación de enfermos e enfermas de Crohn e Colitis Ulcerosa (ACCU) aos que informou da colocación de cabinas adaptadas nas instalacións do Auditorio Municipal e do Pavillón dos Remedios nunha reunión que tamén contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Mario Guede. “Serán unhas instalacións que darán resposta ás demandas que nos transmitiu o colectivo de…

Ver+

Ourense implanta a ‘historia social única electrónica’

Ourense será a primeira grande cidade galega en adherirse ao convenio de colaboración entre a Amtega, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para implantar a historia social única electrónica (HSUE). Trátase dun conxunto de información e documentos en formato electrónico que conteñen os datos, as valoracións e as informacións sobre a situación e a evolución da atención social das persoas usuarias dos servizos sociais ao longo do seu proceso de intervención, así como a identificación de profesionais e…

Ver+

Ourense solicitalle apoio á Consellería do Mar para a posta en valor do río Miño

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, vén de manter un encontro de traballo coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, así como con José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia. O motivo desta reunión foi a solicitude de cooperación para a posta en valor do río Miño no seu tramo urbano. Así, Jesús Vázquez Abad trasladoulle á titular deste departamento da Xunta, Rosa Quintana, “a necesidade de poñer en marcha un proxecto que sirva para abrir Ourense cara o río desde o punto de vista deportivo e turístico”. Tanto…

Ver+

Mellora na eficiencia enerxética dos paseos turísticos – termais. Ourense

Foto©Porgaliciabaixo Os paseos turístico-termais nas ribeiras do Miño contarán cunha mellora da iluminación e da eficiencia enerxética grazas ao investimento de 48.000 euros contemplado no marco do Plan de Cooperación Provincial da Deputación de Ourense. Destinado a darlle valor a un dos nosos potenciais turísticos e de lecer e mellorar a experiencia dos usuarios, a reforma da instalación consistirá no subministro e instalación de novas luminarias viarias pechadas, de tecnoloxía LED, coa que se persegue ademais unha mellora ambiental mediante a redución de gases de efecto invernadoiro e un aforro económico importante.…

Ver+